01 DE OCTUBRE DE 2025
Doce riders representarán á Selección de Galicia o 11 de outubro no Campionato de España de Pump Track que este ano ten como sede a localidade oscense de Monzón. Por terceiro ano consecutivo a nosa comunidade contará co combinado da Federación Cicismo Galego no evento máis importante do calendario desta emerxente especialidade. A convocatoria é a seguinte:
ELITE F
Yuli Paola Rey Dubra (Kiwi Atlántico-Craega)
JÚNIOR M
Héctor Iglesias Budiño (Kamikazes, C.D.)
Pedro Fernández Míguez (OsdoSacho, C.)
Leo Álvarez Alonso (Pulpeiros, C.)
CADETE F
Ainoa Posada Altolaguirre (AXPO / Firstbiketeam 7 Vila do Conde)
Daniela Vilas Abilleira (Farto, C.C.)
Paula Rodríguez Pérez (Val do Ulló, C.C.)
CADETE M
Miguel Blanco Fernández (A Forna, A.D.)
Noé Porto Estévez (Máster da Louriña, C.)
Izan Lago Troncoso (Val do Ulló, C.C.)
INFANTIL F
Inés Araújo González (VigoEnduro MTB, C.)
INFANTIL M
Iker Viéitez Domínguez (Teis, C.C.)
A lista de riders que defenderán as cores da Selección de Breogán en Monzón definiuse na Xornada de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego (FCG) celebrada o sábado 20 de setembro na localidade coruñesa de Miño. "O circuíto é bastante técnico e alí aínda non se fixera ningunha actividade. Por iso decidimos ir, ao tratarse dunha pista nova que os corredores non coñecían", explica Eva Castro, que coordinou a xornada xunto a súa man dereita Luis Manovel.
O plan de traballo aplicado incluíu tests físicos e tres quendas cronometradas. Este simulacro de carreira serviu para practicar o xeito de preparar unha competición, poñendo o foco no quecemento e na concentración. O tempo acompañou para cumprir cos obxectivos marcados neste ensaio de cara ao Campionato de España.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es