Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Convocatoria da Selección de Galicia para o Campionato de España de Pump Track en Monzón

01 DE OCTUBRE DE 2025

A lista definiuse na Xornada de Tecnificación FCG que tivo lugar en Miño

Convocatoria-da-Seleccion-de-Galicia-para-o-Campionato-de-Espana-de-Pump-Track-en-Monzon

Doce riders representarán á Selección de Galicia o 11 de outubro no Campionato de España de Pump Track que este ano ten como sede a localidade oscense de Monzón. Por terceiro ano consecutivo a nosa comunidade contará co combinado da Federación Cicismo Galego no evento máis importante do calendario desta emerxente especialidade. A convocatoria é a seguinte: 

ELITE F

Yuli Paola Rey Dubra (Kiwi Atlántico-Craega)

 

JÚNIOR M

Héctor Iglesias Budiño (Kamikazes, C.D.)

Pedro Fernández Míguez (OsdoSacho, C.)

Leo Álvarez Alonso (Pulpeiros, C.)

 

CADETE F

Ainoa Posada Altolaguirre (AXPO / Firstbiketeam 7 Vila do Conde)

Daniela Vilas Abilleira (Farto, C.C.)

Paula Rodríguez Pérez (Val do Ulló, C.C.)

 

CADETE M 

Miguel Blanco Fernández (A Forna, A.D.)

Noé Porto Estévez (Máster da Louriña, C.)

Izan Lago Troncoso (Val do Ulló, C.C.) 

 

INFANTIL F

Inés Araújo González (VigoEnduro MTB, C.)

 

INFANTIL M

Iker Viéitez Domínguez (Teis, C.C.) 

 

imagen

 

A lista de riders que defenderán as cores da Selección de Breogán en Monzón definiuse na Xornada de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego (FCG) celebrada o sábado 20 de setembro na localidade coruñesa de Miño. "O circuíto é bastante técnico e alí aínda non se fixera ningunha actividade. Por iso decidimos ir, ao tratarse dunha pista nova que os corredores non coñecían", explica Eva Castro, que coordinou a xornada xunto a súa man dereita Luis Manovel

O plan de traballo aplicado incluíu tests físicos e tres quendas cronometradas. Este simulacro de carreira serviu para practicar o xeito de preparar unha competición, poñendo o foco no quecemento e na concentración. O tempo acompañou para cumprir cos obxectivos marcados neste ensaio de cara ao Campionato de España. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

GALERÍA DE FOTOS

Convocatoria da Selección de Galicia para o Campionato de España de Pump Track en Monzón
Convocatoria da Selección de Galicia para o Campionato de España de Pump Track en Monzón
Convocatoria da Selección de Galicia para o Campionato de España de Pump Track en Monzón
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es