Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Lara Lois acada na última xornada da Sparta MTB Races o seu mellor resultado en Grecia

25 DE OCTUBRE DE 2023

A corredora grovense estreouse coa selección española de XCO disputando tres carreiras UCI C1

Lara-Lois-acada-na-ultima-xornada-da-Sparta-MTB-Races-o-seu-mellor-resultado-en-Grecia

Un ano inesquecible para Lara Lois tivo un broche inesperado e internacional. A corredora grovense debutou coa selección española de Cross Country Olímpico (XCO) na Sparta MTB Races, un evento de clase C1 no calendario da UCI e que ofreceu tres carreiras con valiosos puntos en xogo de cara ao proceso clasificatorio para os Xogos Olímpico de París 2024. No último día de competición a biker galega asinou o seu mellor resultado en Grecia. 

Ás portas do top-10 quedou a ciclista do do RGBikes Scott Team o domingo nun circuíto de 4,1 quilómetros, con 230 metros de desnivel e treitos de ascenso moi esixentes. Lois finalizou undécima, a 26 segundos da suíza Chrystelle Baumann, que ocupou a décima praza. Deste xeito, a campioa de Galicia e de España neste 2023 mellorou os postos das dúas primeiras carreiras: décimo terceira o xoves e décimo cuarta o venres. 

As vitorias na Sparta MTB Races corresponderon á polaca Paula Gorycka, con dous triunfos parciais, e á alemá Leonie Daubermann. A madrileña Rocío del Alba García, oitava o último día, e a navarra Estíbaliz Sagardoy, segunda nunha proba reservada ás sub23, foron as compañeiras de Lois no combinado dirixido por Anna Villar. "Un pracer ter estado rodeada dun grupo de selección incrible, unha experiencia inesquecible", publicou a corredora do Grove nas súas redes sociais. 

imagen

Clasificacións

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es