Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Lucas Lozano conserva coa Selección de Galicia a camisola de líder cadete da Copa de España

16 DE NOVIEMBRE DE 2024

Miguel Rodríguez repite en Tarancón como segundo absoluto e mellor sub-23. Podios da sub-23 Aroa Otero e do máster-60 Marcial Rodríguez

Lucas-Lozano-conserva-coa-Seleccion-de-Galicia-a-camisola-de-lider-cadete-da-Copa-de-Espana-

Fotos: RFEC

O III Ciclocross Internacional Ciudad de Tarancón, a primeira das dúas citas desta fin de semana na Copa de España, non provocou este sábado ningún cambio de líder nas tres clasificacións que comandan corredores da nosa comunidade. Formando parte da expedición da Selección de Galicia, o marinense Lucas Lozano mantivo a primeira posición na xeral cadete grazas a súa sexta posición no circuíto conquense. Un mellor resultado acadou o ponteareán Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz), repetindo a seguda praza absoluta e a primeira sub-23, grupo de idade no que loce a camisola do certame estatal. O mesmo maillot manteno o cambrés Andrés Calvete (Monte Xalo) nos máster-40, cuarto nesta quinta e antepenúltima xornada puntuable. 

Na súa estrea da temporada, a Selección de Breogán desprazou a doce ciclocrosistas cadetes ata Tarancón. O posto máis sobranceiro do combinado dirixido por José Alberto del Río obtívoo a ponteareá Nerea Soto, quinta clasificada a 22 segundos do podio. Vega Aldrey (16ª), Xiana Seijo (18ª), Leire García (25ª) e Antía Torres (27ª) foron as outras representantes de Galicia.

Ata tres tres corredores da Selección remataron entre os dez primeiros na carreira cadete masculina. Lucas Lozano fixo sexto apuntándose un esprint entre tres que pechou Aarón Rodríguez. A punta de velocidade do ciclista do XSM permitiulle sumar 10 puntos e chegar á penúltima xornada con 6 puntos de marxe respecto ao segundo clasificado na xeral, o aragonés Axel Roy (Huesca). O trío galego dentro do top-10 completouno Lucas Blanco, décimo. As cores de Galicia tamén as defenderon Guillermo García (14º), Pedro Cidrás (18º), Jorge Lorenzo (22º) e José Manuel Pintos (23º).

imagen

Por cuarta vez esta campaña, Miguel Rodríguez conquistou a segunda praza na proba elite e sub-23. Do mesmo xeito que nas anteriores ocasións, ao sub-23 de Ponteareas só o bateu o elite Kevin Suárez (Nesta - MMR). O cántabro partía como o principal favorito no circuíto Juan Carlos da Ossa, e non fallou. O de Corrales de Buelna atacou desde o inicio e na primeira volta xa puido abrir oco respecto aos seus rivais, que libraron unha bonita loita polas dúas restantes prazas do podio.

Co do Nesta-MMR ampliando a súa diferenza a cada paso por volta, o duelo vivírono os corredores do Supermercados Froiz, Raúl Mira, Gonzalo Inguanzo e Miguel Rodríguez, contra os ciclistas do Unicaja, Mario Junquera e Emilio Reinoso. O ponteareán, líder sub-23 da Copa, foi o que a falta de catro voltas tomou a segunda praza e, por detrás, Mario Junquera, Raúl Mira e Emilio Reinoso tentaron alcanzalo; con todo, o galego mantívose moi eficaz na súa pedalada. Kevin Suárez entrou en solitario cunha diferenza de 1:01 respecto a Miguel Rodríguez e Mario Junquera, quen acabou pisando os talóns ao segundo clasificado.   

imagen

O outro podio galego do Supermercados Froiz asinouno Aroa Otero. A porriñesa logrou a terceira praza sub-23 e a novena absoluta na carreira dominada pola elite asturiana Lucía González (Nesta - MMR). Pola súa banda, Laura Mira ocupou a novena posición sub-23.

O ciclocrós da nosa comunidade contabilizou unha terceira presenza no caixón nesta xornada coa segunda posición do porriñés Marcial Rodríguez (QuéBici - Marcisport) nos máster-60, carreira na que Darío Buceta (Farto) concluíu sétimo. A un paso do podio quedou nos máster-40 Andrés Calvete, cuarto e aínda máis líder, e na mesma categoría Constantino Muñoz (Grupeta Pan de Zarko) finalizou oitavo. Os outros máster do CX galego que se meteron entre os dez primeros dos seus grupos de idade pertencen ao In Situ: María Sonsoles González, quinta nas 50, e Jonathan Sousa, oitavo nos 30. 

imagen

O segundo asalto da fin de semana na Copa de España chegará este domingo na Comunidad de Madrid coa disputa do XII Ciclocross Ciudad de Alcobendas-EnBici.

Clasificacións

Máis información

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es