Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O cadete Lucas Lozano imponse en Xàtiva e adxudícase a Copa de España de Ciclocrós

14 DE DICIEMBRE DE 2024

A júnior Lorena Patiño obtivo a terceira posición, mesmo resultado que Miguel Rodríguez na carreira elite e sub-23

O-cadete-Lucas-Lozano-imponse-en-XA�tiva-e-adxudicase-a-Copa-de-Espana-de-Ciclocros

Fotos: RFEC

A Copa de España de Ciclocrós resolveuse este sábado no circuíto valenciano de Xàtiva cun título para o ciclocrós galego. Lucas Lozano (XSM) impúxose na proba cadete e asaltou o primeiro posto da xeral. Outros dous especialistas da nosa comunidade, a júnior Lorena Patiño (XSM) e o sub-23 Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz) tamén pisaron o podio na sétima e última xornada do certame estatal. 

Logo de perder a camisola de líder na anterior cita puntuable, Lucas Lozano chegaba como terceiro clasificado ao desenlace da Copa de España. O corredor marinense atopábase a 7 puntos do aragonés Axel Roy (Huesca La Magia), unha desvantaxe que remontou nunha carreira moi emocionante. Os cinco primeiros cruzaron a liña de meta nunha marxe de 7 segundos, sendo o máis rápido o representante do XSM. Ergueu os brazos por diante do segundo clasificado da xeral, o castelanleonés Pablo Jiménez (Vertize - MMR). A 3" dos dous primeiros rematou o madrileño Rodrigo Díaz (Triporter) e 4" despois Axel Roy superou ao galego Lucas Blanco (Cambre) no esprint pola cuarta praza. Deste xeito, Lozano apuntouse a vitoria e o título. 

imagen

En canto ás cadetes, Nerea Soto (Lynalfa-Ponteareas) obtivo o mellor resultadado da nosa comunidade cun sexto posto. Ás portas do top-10 quedaron Xiana Seijo (Caimanes Betanzos) e Vega Aldrey (Cambre), undécima e duodécima, respectivamente. 

A Selección de Galicia participou nas competicións Júnior con tres ciclocrosistas en cada carreira. Na feminina, catro corredoras xogáronse o triunfo na última volta e o combinado autonómico estivo representado nesa batalla por Lorena Patiño. A vixente campioa de España concluíu terceira, a roda da vasca Maier Olano (Zu-K) e a 7" da gañadora, a cántabra Aitana Gutiérrez (Viella). Alba Gregores, décimo cuarta, e Lara Pita, décimo quinta, tamén defenderon as cores da Selección de Breogán.

imagen

O combinado dirixido por José Alberto del Río tivo en Xoel Cidrás o seu mellor clasificado nos júniores. Fixo décimo, unha posición por diante de Raúl Puelles, que terminou 13" máis tarde. O trío da Selección completouno Darío Buceta, décimo sexto. Entre os dezaseis primeiros meteuse outro galego ao acadar Santiago Otero (XSM) a décimo terceira praza. 

No que respecta á proba elite e sub-23 masculina, houbo igualdade máxima ata a última volta. Coa visita do campión do mundo júnior de 2023, o francés Leo Bisiaux, os rivais para facer fronte ao dominio do xa campión Kevin Suárez (Nesta-MMR) fixéronse notar. O cántabro tentou marcharse nos primeiros compases, pero o entendemento no grupo perseguidor, co ponteareán Miguel Rodríguez entre os seus compoñentes. A falta de tres voltas, o valenciano Raúl Mira (Supermercados Froiz) sufriría un problema mécanico, que lle fixo dicir adeus á loita pola vitoria. 

O seu compañeiro de equipo Miguel Rodríguez decidiu probar fortuna na penúltima volta; con todo, Kevin Suárez soubo facer fronte a este ataque e despois de que soara a campaña deulle a volta á carreira e dirixiuse a pola súa sexta vitoria na competición, gañando toda as citas que disputou do certame estatal. A cinco segundos, entraba o sub-23 galo Leo Bisiaux dobregando ao esprint de xeito moi axustado a Rodríguez. O especialista de Ponteareas pecha a Copa de España como terceiro clasificado na táboa absoluta e segundo entre os sub-23 por detrás de Raúl Mira. 

imagen

A mellor sub-23 na categoría raíña feminina foi Aroa Otero (Supermercados Froiz), sexta clasificada absoluta. Laura Mira (Team Farto) asinou o noveno posto -cuarta sub-23- e Uxía Soto (Extol-Zambora.es), o undécimo (sexta sub-23). 

A esta última xornada presentouse como líder máster-40 Andrés Calvete (Monte Xalo), pero o corredor cambrés abandonou en Xàtiva e na xeral superouno o cántabro Isaac Suárez (Nesta-MMR).

A fin de semana de ciclocrós na provincia de Valencia vivirá mañá o seu segundo asalto no III Trofeo Ciclocrós Navarrés, evento da clase 1.33.5 no calendario da Real Federación Española de Ciclismo

Máis información e clasificacións

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es