13 DE DICIEMBRE DE 2024
A menos dun mes de que a localidade coruñesa das Pontes acolla o Campionato de España de Ciclocrós, a Selección de Galicia desprázase esta fin de semana á provincia de Valencia. Seis especialistas da categoría Júnior -tres mozas e tres mozos- disputarán co combinado da Federación Ciclismo Galego o IX Ciclocrós Internacional Ciutat de Xàtiva, proba de nivel UCI C2 que este sábado pecha a Copa de España, e o III Trofeo Ciclocrós Navarrés, cita que se celebra este domingo da clase 1.33.5 no calendario da Real Federación Española de Ciclismo. A convocatoria confeccionada por José Alberto del Río, máximo responsable técnico da Selección de Breogán de CX, é a seguinte:
Alba Gregores López (Ponteareas, C.C.)
Lara Pita Pena (Cambre, C.C.)
Lorena Patiño Villanueva (XSM, C.C.)
Darío Buceta Armada (Team Farto - BTC)
Raúl Puelles Loredo (Caimanes Betanzos, C. BTT)
Xoel Cidrás Álvarez (XSM, C.C.)
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es