Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Alejandra Neira abraia a nivel internacional co seu terceiro posto na xeral do Tour du Gévaudan

12 DE MAYO DE 2025

A santiaguesa, mellor júnior de primeiro ano, fixo segunda na tirada raíña do terceiro evento da Copa das Nacións da UCI

Alejandra-Neira-abraia-a-nivel-internacional-co-seu-terceiro-posto-na-xeral-do-Tour-du-Gevaudan

Fotos: RFEC

Sinxelamente abraiante. No seu primeiro ano na categoría júnior e na súa segunda experiencia coa selección española no estranxeiro, Alejandra Neira foi a gran revelación nunha proba da Copa das Nacións da Unión Ciclista Internacional. A santiaguesa rematou segunda na etapa raíña do Tour du Gévaudan Occitanie, terceira na clasificación xeral da rolda francesa e adxudicouse a camisola branca da xuventude. Unha actuación histórica para o ciclismo galego. 

Despois dunha primeira etapa de 71 quilómetros, que incluía o porto de Sauvaterre (2ª categoría), resolta nun esprint masivo, a terceira cita da Copa das Nacións decidiuse este domingo cunha tirada de alta montaña. As corredoras tiñan que ascender en 76 km o Col de la Loubière (2ª), a Côte d'Aguenous (2ª) e a subida final á Montèe Jalabert, un alto de 1ª categoría que nos seus 3 km de lonxitude conta cunha pendente media do 11%.

Nesas rampas finais, a canadense Sidney Swierenga rompeu rapidamente o grupo de favoritas e marchouse en solitario para terminar impoñéndose con claridade. Alejandra Neira e a navarra Paula Ostiz realizaron a ascensión xuntas e mantiveron un gran ritmo co que foron soltando a todas as súas acompañantes. Finalmente, a compostelá entrou segunda a 1'03" e a súa compañeira de selección foi terceira a 1'07". 

Na xeral, Swierenga levouse a primeira posición, mentres que no segundo posto concluíu Ostiz, grazas ás bonificacións obtidas na primeira etapa, onde foi terceira, e na terceira praza Neira, gañadora do maillot branco. O combinado español reinou na clasificación por equipos. 

imagen

Máis información

 

GALERÍA DE FOTOS

Alejandra Neira abraia a nivel internacional co seu terceiro posto na xeral do Tour du Gévaudan
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es