Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Guillermo García festexa coa Selección de Galicia o título cadete da Copa de España de Ciclocrós

07 DE DICIEMBRE DE 2025

Lorena Patiño foi a mellor sub-23 nas dúas probas valencianas que pecharon o calendario do certame estatal e na xeral final

Guillermo-Garcia-festexa-coa-Seleccion-de-Galicia-o-titulo-cadete-da-Copa-de-Espana-de-Ciclocros

Fotos: RFEC

A Selección de Galicia de Ciclocrós realizou o seu segundo desprazamento da temporada para participar esta fin de semana nas dúas probas que puxeron o peche da Copa de España na Comunitat Valenciana. Dez ciclocrosistas defenderon nos circuítos de Xàtiva e Cocentaina as cores do combinado dirixido por Jose Alberto del Río e formando parte da expedición estivo o gañador da xeral cadete do certame estatal. Guillermo García, que chegaba a esta dobre xornada co título matematicamente garantido, asinou o resultado máis sobranceiro da Selección do Breogán dentro da gran actuación colectiva do equipo autonómico na súa categoría. 

O corredor do Avanza-O Porriño sumou onte a súa sexta vitoria nesta edición da Copa de España. Nunha carreira na que a Selección de Galicia contou con catro clasificados entre os nove primeiros, Guillermo García impúxose por 6 segundos de vantaxe ao catalán Martí Collell (Proride Jufre) no X Ciclocross Internacional Ciutat de Xàtiva. A terceira praza decidiuse entre un trío ao esprint e  Aarón Rodríguez rematou cuarto a 22" do gañador. A liña de meta cruzouna 4" despois Pedro Cidrás, que comandou a proba no treito inicial, obtendo a sexta praza. Mateo Hermida fixo noveno a 43" do gañador

imagen

O domingo no III Trofeo Ciclocross Rafa Valls – Fira Tots Sants de Cocentaina non houbo ningún podio galego noutra carreira cadete moi axustada, cos 15 primeiros en menos de 1 minuto. A cuarta praza de Pedro Cidrás, a 5" do terceiro, permitiulle rubricar o terceiro posto na xeral encabezada por Guillermo García, sétimo nesta cita. Aarón Rodríguez anotouse a novena posición e Mateo Hermida, o 14º. 

imagen 

A Selección de Galicia competiu noutras tres categorías. Na cadete feminina, Vega Aldrey concluíu novena en Xàtiva e sexta en Cocentaina, a 5" da terceira praza, mentres que Clara Pintos anotouse unha 19ª e unha 14ª praza. A mellor galega o sábado foi Nerea Soto (Lynalfa-Ponteareas), sétima, que competiu representando ao seu club. O domingo clasificouse 13ª. Tamén cos seus equipos participaron Marta Utrera (Armenteira e Punto), 16ª e 11ª, e Antía Torres (Teis), 23ª en ambas probas. 

O top-10 logrado por Marcos Rodríguez en Cocentaina sobresaíu na actuación da Selección de Breogán nas carreiras júniores. O ciclista do Academia Postal-Maceda terminou 10º ao día seguinte de finalizar 15º. Xunto a el competiron José Manuel Pintos, 18º e 16º, e Xián Rodríguez, 42º e 38º. Pola súa banda, a xuvenil Xiana Seijo non completou a cita do sábado e o domingo acadou a décima posición. 

Este dobre ensaio do combinado da Federación Ciclismo Galego en terras valencianas serviu como preparación para o Campionato de España que se disputará do 9 ao 11 de xaneiro en Tarancón, provincia de Cuenca. 

imagen 

Ao gran evento do ciclocrós estatal vai chegar como principal favorita ao ouro sub-23 Lorena Patiño (Cardedeu). A marinense adxudicouse a camisola da Copa do seu grupo de idade malia non ter participado en tres das oito citas puntuables. Sendo a primeira sub-23 en Xàtiva asaltou o liderado e repetindo en Cocentaina conservouno. A tres veces campioa de España estivo moi preto das elites máis fortes nestas dúas carreiras con puntos UCI en xogo. O sábado conseguiu facer cuarta absoluta, a 20" das tres primeiras, e o domingo, sexta. En canto aos homes elite e sub-23, Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz) apuntouse unha novena e unha 11ª praza. 

imagen

O terceiro maillot da Copa de España que se veu para Galicia conquistouno o máster-50 Eloy Otero. O corredor do In Situ chegaba como líder destacado e certificou o título cun noveno e un quinto posto. 

imagen

Máis información

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es