Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A IX BTT Chourizada de Oia inaugura o calendario 2021

08 DE MARZO DE 2021

O domingo 14 de marzo

A-IX-BTT-Chourizada-de-Oia-inaugura-o-calendario-2021

O calendario 2021 da Federación Galega de Ciclismo porase en marcha esta fin de semana. Despois de que a situación epidemeolóxica obrigara ao seu aprazamento o pasado 28 de febreiro, a IX BTT Chourizada de Oia celebrarase este domingo, día 14 de marzo. A marcha organizada polo Ciclismo Oiense percorrerá os montes da comarca do Baixo Miño.

Os bikers poden escoller entre dúas rutas: unha de dificultade media (32 quilómetros e 600 metros de desnivel positivo) e outra de de dificultade media-alta (38 km e 1.000 metros de desnivel).

As inscricións para participar na primeira cita da temporada en Galicia realízanse enviando os datos persoais á conta de correo electrónico ciclismooiense@gmail.com ou ao número de Whatsapp 662 065 171. Os federados deben abonar 9 euros e o seu prazo para anotarse remata o sábado, mentres que os non federados teñen ata o venres para reservar a súa praza pagando 19 euros. O número de conta é: ES08 0182 0637 4802 0156 4817.

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es