19 DE SEPTIEMBRE DE 2023
Preto de 300 deportistas participarán o vindeiro domingo, 24 de setembro, na terceira edición da marcha cicloturista pola Ribeira Sacra que organiza a Deputación de Ourense, a través do Inorde, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia. A presentación deste evento deportivo tivo lugar hoxe no Parador de Santo Estevo, en Nogueira de Ramuín, acto no que participou o presidente do Inorde e deputado provincial de Turismo, Rosendo Fernández; o xefe da área provincial de Turismo en Ourense, Cecilio Santalices; o concelleiro de Deportes de Nogueira de Ramuín, Raúl Soto; o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez; a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega; o presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz; e o director técnico da proba, Serafín Martínez.
Este evento forma parte da estratexia da institución provincial de "apostar por un ecosistema deportivo que contribúa a promocionar os recursos turísticos do territorio a través do deporte", así como, nesta ocasión, para "promover o cicloturismo na nosa provincia, xa que presenta unhas condicións idóneas para esta disciplina deportiva", sinalou o deputado provincial de Turismo, quen destacou o impacto positivo que ten no desenvolvemento económico dos territorios polos que transcorre a proba.
III Ribeira Sacra Cycling Road
Nesta terceira edición participarán preto de 300 deportistas procedentes de quince provincias de toda a xeografía española, así como tamén de Portugal, que poderán coñecer un dos lugares máis icónicos da provincia de Ourense xunto ao exciclista profesional vasco Igor Antón que será o padriño oficial da proba.
A saída será o domingo, 24 de setembro, na localidade de Luintra, en Nogueira de Ramuín, a partir das 9.30 horas, para posteriormente recorrer os territorios de Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas e Montederramo. O día previo á proba, Igor Antón realizará a partir das 17.00 horas unha saída en bicicleta pola contorna con afeccionados ao cicloturismo.
Os cicloturistas poderán realizar o percorrido de gran fondo de 115 quilómetros e de +2.600 metros de desnivel con subidas que superan o 20% de desnivel; ou o minifondo de 80 quilómetros cun desnivel de +1.700 metros. A Ribeira Sacra Cycling Road contará cun tramo cronometrado con circulación libre que incluirá a última subida, e outorgarase un premio especial aos tres primeiros e primeiras de dito tramo que participen no Gran Fondo.
CICLOTURISMO
CICLOTURISMO
CICLOTURISMO
AVISOS
AVISOS
CICLOTURISMO
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es