13 DE JULIO DE 2021
O Campionato de España Máster de estrada 2021 concluíu na provincia de Valladolid con dous metais para o ciclismo galego. Damián Ramos (Norinver) obtivo o segundo posto máster-30B na contra o reloxo individual (CRI) do domingo e pisou o mesmo chanzo do caixón que o día anterior ocupara a máster-30 B Eva Ortega (Biciosos-Rías Baixas) na proba en liña. O corredor do conxunto de Cabanas mantivo opcións de vitoria ata os metros finais.
Ramos marcou o mellor tempo da súa categoría no punto intermedio dos 16,6 quilómetros dun percorrido chairo, pero un ciclista que nesa referencia pasou a 3 segundos do galego, Jesús Pérez (TPNA), acabou rebaixando o tempo do representante do Norinver en 5" na liña de meta de Mojados. O podio máster-30B completouno Francisco Javier López (Puerto Cerezo), que rematou a medio minuto do gañador.
Nesta CRI do XV Memorial Pablo Zarzuela, que exerceu de Campionato de España Máster, outros tres galegos asinaron postos de Top-10 nos seus grupos de idade: Iván Vidal (Lasal Cocinas-Louriña), 7º nos máster-40B; Mónica Alarcón (Lasal Cocinas-Louriña), 7ª nas máster-40A; e José Carlos Riol (ADO Moure), 7º nos máster-50B.
CARRETERA
CARRETERA
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
CARRETERA
CARRETERA
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es