Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A contra o reloxo da Volta a Lugo exerce de Campionato de Galicia CRI Máster

07 DE ABRIL DE 2023

O sábado 15 de abril a partir das 16:45 horas en Escairón e sobre un percorrido de 14 quilómetros

A-contra-o-reloxo-da-Volta-a-Lugo-exerce-de-Campionato-de-Galicia-CRI-Master

Foto: Mundito Carballo

O primeiro Campionato de Galicia da temporada 2023 no calendario de estrada supón unha novidade. Os corredores das categorías masters teñen a súa propia cita para pugnar polos títulos de CRI e será na contra o reloxo da Volta a Lugo o vindeiro sábado, 15 de abril, a partir das 16:45 horas. Escairón, no concello do Saviñao, acollerá a saída e de chegada dun percorrido de 14,2 quilómetros.  

O reparto das camisolas autonómicas engade outro aliciente ao evento organizado un ano máis polo Chantadino Master Team. A Volta Lugo Master repite o seu formato habitual con tres tiradas en dous días. A rolda que este ano alcanza a súa oitava edición arrancará o sábado pola mañá, ás 11:00 h, cunha etapa en liña de 73 km con inicio e final en Escairón. 

A acción volverá pola tarde á capital do Saviñao cun segundo sector que se contabiliza para a Volta e que ademais exerce de Campionato autonómico para os ciclistas galegos. O perfil da CRI é chairo, ideal para os especialistas na loita individual contra o cronómetro. As coroas nos grupos de idade pertencen ata o inicio da 'crono' a Samuel García nos máster-30, a Iván Vidal nos 40, a José Ramón Caamaño nos 50 e a Ernesto Ortiz nos 60, triunfadores o ano pasado nas Pontes. 

Para despedir a fin de semana e a rolda lucense, o domingo decidirase a clasificación xeral na xornada de Chantada. O itinerario de 73 km empezará a completarse ás 10:45 h. O prazo para inscribirse nas tres etapas da Volta Lugo Máster ou nalgunha deles remata este mércores, 12 de abril, ás 23:59 h. Preme sobre este enlace para anotarte

Toda a información sobre este evento podes atopala na páxina de Facebook do Club Ciclista Chantadino e a específica respecto ao Campionato de Galicia CRI Máster nas redes sociais a través do hashtag #CampionatoMasterCRI23. 

 

 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es