Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Padrón acolle este sábado a LX Clásica de Pascua

15 DE ABRIL DE 2023

Organizada polo CC Padronés Cortizo, contará cun percorrido de 125 quilómetros e será puntuable tanto para o ranking estatal como para a Copa Galicia Elite-Sub23

Padron-acolle-este-sabado-a-LX-Clasica-de-Pascua

A Clásica de Pascua-Memorial Francisco Rodríguez Pazos celebrará este sábado en Padrón a súa edición número 60, coincidindo, como manda a tradición, co penúltimo día das festas da localidade.

Organizada polo Club Ciclista Padronés, a carreira decana de Galicia abrirá a Copa Elite-Sub23 da comunidade, ademais de ser puntuable para o ranking estatal. Este ano, contará coa participación de 130 corredores e 10 equipos, entre os que estará o anfitrión Cortizo acompañado doutras sete escuadras galegas: Supermercados Froiz, Retelec Ambilamp, Team Oiense Escola Estévez, CC Vigués, Vigo Rías Baixas, Lasal Cociñas Louriña e High Level Gsport. Xunto a eles, tamén competirán os asturianos do Nesta MMR e o Laboral Kutxa de Euskadi.

Percorrido de 125 quilómetros con seis altos puntuables

Con saída e chegada en Padrón, a Clásica de Pascua repetirá o percorrido de 125 quilómetros das últimas edicións, no que se contemplan sete altos, seis deles puntuables para o Premio da Montaña.

O pelotón partirá da chaira do Souto ás 14:00 horas, realizará un pequeno rodeo por Extramundi, Lamas e Iria para regresar de novo ao Espolón e continuar por Lestrove e Dodro. Tras deixar atrás o alto de Bexo, os corredores emprenderán rumbo a Rianxo, atravesando o centro urbano desta localidade antes de iniciar o ascenso a Palleiro. Coroada a cima, os ciclistas volverán a Padrón para completar o tradicional circuíto de catro voltas que lles obrigará a subir Formarís noutras tantas ocasións, engadindo antes da última pasada as fortes pendentes da Pereira. A dureza desas ramplas, a menos de 20 quilómetros de meta, fai presaxiar que a carreira podería romper nese punto, como xa ocorreu o ano pasado co ataque do uruguaio Eric Fagúndez que lle acabou outorgando a vitoria ante o seu público.

Toda a informacón sobre a Copa Galicia Elite-Sub23 podes atopala nas redes sociais a través do hashtag #CopaGaliciaEstrada23 e na súa sección dentro desta mesma páxina web

Fonte: CC Padronés Cortizo 

GALERÍA DE FOTOS

Padrón acolle este sábado a LX Clásica de Pascua
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es