Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Presentación do Campionato de Galicia Elite-Sub23 - Gran Premio Concello do Porriño

27 DE MAYO DE 2023

Os títulos autonómicos de fondo en estrada poranse en xogo o sábado 3 de xuño

Presentacion-do-Campionato-de-Galicia-Elite-Sub23---Gran-Premio-Concello-do-Porrino

O Porriño acollerá o vindeiro 3 de xuño o Campionato de Galicia Elite-Sub23 - Gran Premio Concello do Porriño, proba puntuable para os rankings da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC), organizada polo club Máster da Louriña en colaboración co Concello do Porriño e a Xunta de Galicia.
 
Tal e como explicou durante a súa presentación o presidente do club organizador, Juan José Álvarez, este ano a proba exerce de Campionato de Galicia de fondo en estrada. Álvarez quixo agradecer "ao Concello do Porriño, á Federación Ciclismo Galego, á Xunta de Galicia e a LASAL Cocinas que sigan apostando pola categoría raíña do ciclismo" e destacou que ""se trata duha carreira moi atractiva que contará co mesmo percorrido que as anteriores edicións.
 
Pola súa banda, Rafael Pérez, do patrocinador LASAL Cocinas salientou que para o equipo "é marabilloso que en tan pouco tempo volva un Campionato de Galicia ao Porriño" e agradeceu a Juan José e á súa familia que o fagan posible xunto co respaldo das administracións. "Hai que poñer en valor o seu esforzo e o traballo que fan durante todo o ano polo deporte no Porriño. Ese é o retorno da inversión, que os rapaces poidan facer deporte e que o ciclismo volva flotar na vila cunha proba destas características", concluíu.
 
Daniel Benavides, xefe do servizo provincial de deportes da Xunta de Galicia, dixo de Juan José Álvarez que é "desas persoas que fai que nos sintamos máis comprometidos co deporte. Por iso hai que recoñecer o seu labor, é un referente de traballo desinteresado e constante".
 
Pechou a presentación o presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz que agradeceu o apoio da Xunta de Galicia ao ciclismo ao igual que o do Concello do Porriño e convidou a todo o mundo a disfrutar da proba o vindeiro 3 de xuño.
 
Fonte: Concello do Porriño

GALERÍA DE FOTOS

Presentación do Campionato de Galicia Elite-Sub23 - Gran Premio Concello do Porriño
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es