Tal e como explicou durante a súa presentación o presidente do club organizador, Juan José Álvarez, este ano a proba exerce de Campionato de Galicia de fondo en estrada. Álvarez quixo agradecer "ao Concello do Porriño, á Federación Ciclismo Galego, á Xunta de Galicia e a LASAL Cocinas que sigan apostando pola categoría raíña do ciclismo" e destacou que ""se trata duha carreira moi atractiva que contará co mesmo percorrido que as anteriores edicións.
Pola súa banda, Rafael Pérez, do patrocinador LASAL Cocinas salientou que para o equipo "é marabilloso que en tan pouco tempo volva un Campionato de Galicia ao Porriño" e agradeceu a Juan José e á súa familia que o fagan posible xunto co respaldo das administracións. "Hai que poñer en valor o seu esforzo e o traballo que fan durante todo o ano polo deporte no Porriño. Ese é o retorno da inversión, que os rapaces poidan facer deporte e que o ciclismo volva flotar na vila cunha proba destas características", concluíu.
Daniel Benavides, xefe do servizo provincial de deportes da Xunta de Galicia, dixo de Juan José Álvarez que é "desas persoas que fai que nos sintamos máis comprometidos co deporte. Por iso hai que recoñecer o seu labor, é un referente de traballo desinteresado e constante".
Pechou a presentación o presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz que agradeceu o apoio da Xunta de Galicia ao ciclismo ao igual que o do Concello do Porriño e convidou a todo o mundo a disfrutar da proba o vindeiro 3 de xuño.
Fonte: Concello do Porriño