Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Convocatoria de Galicia para a Volta Portugal Feminina Sub-19

16 DE AGOSTO DE 2023

Sete corredoras defenderán as cores da Selección de Breogán dende este venres e ata o domingo nas estradas lusas

Convocatoria-de-Galicia-para-a-Volta-Portugal-Feminina-Sub-19

A Selección de Breogán volve ao asfalto e faino trasladando a súa aposta pola canteira do ciclismo feminino alén das súas fronteiras. O combinado da Federación Ciclismo Galego disputará dende este venres, día 18 de agosto, e ata o domingo a II Volta Portugal Feminina Sub-19. Catro corredoras cadetes e tres juniors estarán dirixidas nas estradas lusas por Ramón Troncoso. A convocatoria é a seguinte:

CADETES

Ivet Ivanova Stamenova (Cambre, C.C.)

Nerea Suárez Pose (Carballo, C.C)

Irene Signo Iglesias (Ponteareas, C.C.)

Alejandra Neira Domínguez (Cambre, C.C.)

 

JUNIORS 

Xiana Camiña Expósito (Betanzos, C.C.) 

Andrea Prado Laredo (Betanzos, C.C.) 

Lara Fuentes García (Cambre, C.C.)

 

A primeira das tres tiradas arrancará en Santarém -ao norte de Lisboa- e concluirá en Benavente tras un percorrido de 66 quilómetros. As ciclistas afrontarán o sábado un trazado de 60 km con saída en Alpiarça e chegada en Almeirim, quedando para o domingo a etapa raíña. Os 61 km entre Cartaxo e Montejunto finalizan nun porto de montaña de 1ª categoría. 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es