17 DE DICIEMBRE DE 2022
O ciclismo autonómico conta cunha numerosa nova remesa de formadores. O Curso Monitor Escolas de Ciclismo pechouse coa súa quenda presencial reunindo a 70 alumn@s este sábado na Casa do Deporte de Vigo. Un éxito de participación co que arrancou o intenso calendario formativo posto en marcha pola Federación Ciclismo Galego (FCG) para as vindeiras semanas.
Tras dúas sesións online sobre as diferentes disciplina do ciclismo e o traballo nas escolas, impartidas durante esta última semana polos técnicos federativos Jacobo Ucha e Alberto del Río, o curso clausurouse cunha xornada multidisciplinar. Emma Fernández, xuíza árbitra do CTA galego, encargouse de explicar a parte da Normativa Técnica de Escolas; os Primeiros Auxilios e RCP con Desa abordáronse da man de Pepe Aguilera; e a clase de Mecánica Básica estivo dirixida por Pablo Alfaya.
Unha vez compartidos os coñecementos, realizouse o exame e @s alumn@s que o superen con éxito recibirán un diploma acreditativo. A FCG quere agradecer a colaboración dos poñentes, así como o interese amosado e o comportamento dos participantes.
A seguinte cita no calendario de cursos chegará o 7 de xaneiro, de novo na Casa do Deporte, co de Auxiliar de Ciclismo -a data límite para anotarse é o vindeiro día 4- e do 16 de xaneiro ao 11 de febreiro celebraranse online os de Director Deportivo Nivel I e Nivel II -o primeiro prazo para apuntarse e aproveitar o prezo reducido remata o próximo xoves, día 22-. Con esta programación lévase a cabo o compromiso de promover e formar os diferentes estamentos que compoñen a FCG.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es