Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A categoría Infantil completou a rolda de Xornadas de Tecnificación FCG de Estrada

22 DE JUNIO DE 2023

O Rosal foi o escenario desta concentración

A-categoria-Infantil-completou-a-rolda-de-Xornadas-de-Tecnificacion-FCG-de-Estrada

Desde o mes de xaneiro ata o pasado domingo a Federación Ciclismo Galego traballou coas categorías de formación de Estrada nas súas Xornadas de Tecnificación. A última sesión da temporada 2023 tivo lugar no concello pontevedrés do Rosal e a ela asistiron unha vintena de ciclistas Infantís. Unha concentración que tamén exerceu de ensaio para os Campionatos de España Escolares que se celebrarán en Cartagena a vindeira semana. 

Jacobo Ucha, técnico e seleccionador de Estrada da FCG, deu á benvida ás rapazas e os rapaces na Pista das Faias, onde se realizou a sesión de adestramento. A parte práctica serve para facer un seguemento dos ciclistas, pero as Xornadas de Tecnificación teñen máis obxectivos. Búscase crear vínculos entre os deportistas e para iso comparten mesa e mantel no xantar. Pola tarde, chegou a quenda máis teórica do programa cunha charla ofrecida polo propio director desta iniciativa. 

A FCG quere agradecer especialmente a colaboración do Club Ciclista O Rosal, do Concello do Rosal e da Comunidade de Montes de Tabagón. Grazas ao seu apoio, levouse a cabo esta actividade e púxose o punto final ao calendario de Xornadas de Tecnificación de Estrada no 2023. Dende esta semana, moitas e moitos ciclistas que participaron nestas convivencias compartirán Selección nos Campionatos de España das diferentes categorías. 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es