Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A FCG lanza o Curso de Cronometrador Avanzado

28 DE NOVIEMBRE DE 2023

A primeira edición desenvolverase do 14 de febreiro ao 16 de marzo

A-FCG-lanza-o-seu-Curso-de-Cronometrador-Avanzado

Unha nova proposta súmase á oferta ofermativa da Federación Ciclismo Galego (FCG) para este outono-inverno. Do 14 de febreiro ao 16 de marzo celebrarase a primeira edición do Curso de Cronometrador Avanzado. Con esta iniciativa búscase avanzar no reto de asumir a xestión da cronometraxe nos eventos federados e, deste xeito, apoiar ao clubs organizadores

O programa desta actividade está deseñado para formar un equipo de cronometradores capacitados para manexar o sistema Race Result. As/Os alumnas/os que o superen, aprobando o exame teórico e o práctico, serán incluídos nunha bolsa de traballo destinada a cronometrar as probas do calendario da FCG. O curso diríxese a persoas maiores de 18 anos (inclusive). Non é obrigatorio estar en posesión da licenza federativa para realizalo, pero si para entrar na bolsa de traballo. 

A parte teórica efectuarase onlinetanto as sesións como o exame. Presencialmente haberá que asistir á clase do 9 de marzo, na que terá lugar unha práctica en situación real de competición, e ao posterior exame do 16 de marzo. 

Inscrición

O prazo para anotarse xa está aberto, a un prezo de 125 euros para federados e de 150 para non federados, e remata o 7 de febreiro. Fai click nesta ligazón para inscribirte

O calendario de cursos da FCG para o outono do 2023 e o inverno do 2024 comezou no mes de outubro co de Monitor de Escolas de Ciclismo. O 2 de decembro é a data fixada para o de Mecánica en Competición e do 15 de xaneiro ao 10 de febreiro impartiranse os de Director Deportivo Nivel I e Nivel II

GALERÍA DE FOTOS

A FCG lanza o Curso de Cronometrador Avanzado
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es