Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Xornada de Formación FCG para corredores sub-23 de estrada

24 DE ENERO DE 2024

Adestramento, convivencia e charlas este sábado en Vilagarcía de Arousa

Xornada-de-Formacion-FCG-para-corredores-sub-23-de-estrada

Na fin de semana previa ao inicio do calendario estatal de estrada para o pelotón elite/sub-23, a Federación Ciclismo Galego (FCG) estrena temporada das súas Xornadas de Formación. Grazas á colaboración do Concello de Vilagarcía, este sábado 27 de xaneiro daranse cita na cidade arousá un total de 22 corredores da categoría Sub-23 masculina para adestrar, convivir e profundar en aspectos como a nutrición deportiva. Unha completa posta a punto de cara á intensa campaña que se aveciña.

Os ciclistas citados por Jacobo Ucha, técnico da FCG e seleccionador galego de estrada, realizarán pola mañá un adestramento polas estradas da comarca do Salnés. Despois da ducha compartirán mesa e mantel, quedando a tarde reservada para as charlas. Os convidados para compartir as súas experiencias e coñocementos son o ciclista profesional Delio Fernández (APHotels and Resorts-Tavira) e o dietista-nutricionista José Antonio López Gómez, xerente de Maná Lab, centro de nutrición especializado en alto rendemento deportivo. 

As Xornadas de Formación son unha iniciativa da FCG posta en marcha no 2021. Con estas actividades búscase crear vínculos entre os ciclistas, facer un seguemento dos mesmos e acadar melloras en diferentes materias. Ao longo dos vindeiros meses aplicarase este mesmo método de traballo con corredoras e corredores doutras categorías e modalidades. 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es