Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Damián Ramos acode coa selección española á Copa do Mundo de Ostende

01 DE MAYO DE 2024

O paraciclista da clase C4 participará este venres na contra o reloxo e o domingo na proba en liña

Damian-Ramos-acode-coa-seleccion-espanola-a-Copa-do-Mundo-de-Ostende

A temporada de ciclismo paralímpico de Estrada vivirá esta semana, do 2 ao 5 de maio, un dos grandes acontecementos do curso coa celebración da Copa do Mundo de Ostende, que será clave para ir definindo cantas prazas poderá ter cada país nos próximos Xogos Paralímpicos. A cita belga repartirá un botín de puntos crucial para este proceso clasificatorio para París 2024 e, por iso, a selección española estivo preparando con especial coidado esta proba cunha concentración en Tarancón (Cuenca). Nese stage que se estendeu desde o pasado martes 23 de abril ata o luns 29 participou o coruñés Damián Ramos (Lasal Cocinas - Craega).

O vixente campión de Europa en liña na clase C4 de da bicicleta adaptada é un dos dezasete convocados polo seleccionador Félix García Casas para o segundo evento no 2024 da Copa de España. No primeiro, celebrado en Australia a mediados de xaneiro, o o paraciclista herculino apuntouse a vitoria na contra o reloxo e rematou terceiro na carreira de fondo. En Ostende competirá o venres na CRI e o domingo na carreira. 

Damián Ramos non será o único galego en Bélxica. O Neuroimpulse-Galicia desprazouse un ano máis ata territorio flamenco e a súa expedición está encabezada polo handbiker Iván Montero. Ao actual campión estatal na clase 5 agárdalle o xoves a 'crono' e o sábado a proba en liña. 

Máis información 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es