Facebook Twitter Youtube Instagram Español

"Cos meus resultados, estou en disposición de acadar unha medalla"

27 DE AGOSTO DE 2024

O coruñés Damián Ramos amósase moi ambicioso na súa primeira participación nuns Xogos Paralímpicos, onde competirá na modalidade de pista e estrada, sendo a contra o reloxo o seu gran baluarte

Cos-meus-resultados-estou-en-disposicion-de-acadar-unha-medalla

Damián Ramos chega a París para cumprir un soño, participar nuns Xogos Paralímpicos. Estivo a piques de facelo en Londres 2012 en piragüismo, que era o deporte que practicaba antes do accidente, pero tras unha espectacular traxectoria sobre a bici nestes últimos anos, onde chegou a ser campión de Europa e vencedor en probas da Copa do Mundo de estrada, aterra na capital francesa cunha confianza total para poder facer un bo papel tanto na estrada como na pista.

“É un soño cumprido. Levo facendo deporte desde hai 30 anos. Nunca foi fácil alcanzar un obxectivo como este e é a posta en valor dun traballo de moitos anos”, sinala un ilusionado Damián Ramos, que considera que “cos meus resultados son un firme candidato para conseguir unha medalla, aínda que a competición nunca é fácil, pero estou en disposición de poder lograla”.

Damián Ramos preparouse a conciencia estes Xogos Paralímpicos, pero un virus a falta de tres semanas para a competición, fixo que saltasen as alarmas nos seus resultados: “Afortunadamente, hai que ter un pouco de calma. Volvín repetir os tests e saíronme espectaculares. Estou mellor que nunca. Mantiven a constancia e o traballo tanto na estrada como no velódromo e, ademais, tiven uns coidados médicos fantásticos, e todo isto permitiume superar o virus e chegar moi confiado a estes xogos”, indica o corredor do Lasal Cocinas-Craega.

imagen

Ramos estará presente tamén as probas de pista, unha disciplina na que se está iniciando, pero que tamén tentará dar o máximo sobre o velódromo.:“Levo pouco tempo en Pista. Aínda que na estrada estou moi cómodo, sobre todo na contra o reloxo, a pista aínda teño que traballala, aínda que darei o 100%, en todo, pero para min a proba contra o crono é o meu principal obxectivo”, asegura o paraciclista.

Fonte: RFEC

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es