Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Damián Ramos, oitavo na persecución individual no seu debut nuns Xogos Paralímpicos

31 DE AGOSTO DE 2024

O coruñés volverá a escena o mércores na contra o reloxo individual de estrada

Damian-Ramos-oitavo-na-persecucion-individual-no-seu-debut-nuns-Xogos-Paralimpicos

Fotos: RFEC

A aventura de Damián Ramos en París comezou este sábado. O paraciclista coruñés da clase 4 de bicicleta adaptada estreouse nuns Xogos Paralímpicos disputando no velódromo a persecución individual. Na súa toma de contacto coa competición na capital francesa, o corredor do Lasal Cocinas - Craega clasificouse oitavo. 

O debut do único representante do ciclismo galego en París chegou nunha disciplina, a pista, á que se está habituando. A pesar diso, Ramos marcou na clasificatoria un rexistro de 4:35.156, dez segundos máis lento que o francés Gatien Le Rousseau, cuarto mellor tempo, que era quen daba acceso á loita polas medallas. Un meritorio oitavo posto nos 4.000 metros de persecución individual para o herculino, que xa pensa nas probas de estrada onde é un gran especialista, sobre todo na contra o reloxo.

imagen

A CRI da clase 4 celebrarase o vindeiro mércores, 4 de setembro, e para dous días máis tarde, o venres, está fixada a carreira de fondo. 

Clasificación

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es