Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Galicia exhibe futuro en Tarancón co ouro de Pedro Cidrás e o bronce de Guillermo García

10 DE ENERO DE 2026

A Selección de Breogán defendeu con éxito a coroa cadete no Campionato de España de Ciclorós

Galicia-exhibe-futuro-en-Tarancon-co-ouro-de-Pedro-Cidras-e-o-bronce-de-Guillermo-Garcia

Fotos: RFEC / Luz Iglesias

No día do quinto aniversario da súa morte, Galicia homenaxeou a Guillermo Sande cunha carreira que de seguro emocionou a quen faleceu mentres exercía de seleccionador autonómico. O combinado que poñía en xogo o título cadete conquistado hai un nas Pontes, retívoo cunha exhibición de futuro no Campionato de España de Ciclocrós que se está a celebrar en Tarancón (Cuenca). O marinense Pedro Cidrás colgouse a medalla de ouro, o redondelán Guillermo García ocupou o terceiro chanzo do podio e outros dous corredores da Selección de Breogán remataron entre os doce primeiros nunha proba que contou con máis de 100 participantes. Un éxito colectivo que pon en  valor o traballo coa base que están a realizar as escolas e os clubs da nosa comunidade.

A Selección dirixida por José Alberto del Río presentábase como o equipo a bater na liña de saída da competición cadete malia a total ausencia de barro no circuíto conquense. Ese papel de conxunto favorito respondía ao feito de defender a coroa conquistada no 2025, por medio de Lucas Lozano, e aos resultados acadados ao longo desta campaña polos seus ciclocrosistas no calendario estatal.

Non houbo que agardar demasiado para que Galicia tomara o mando da proba e no ecuador da primeira das catro voltas situábanse en cabeza Pedro Cidrás e Guillermo García. O seu ritmo só o aguantaban Marco Latorre (Aragón) e Marc Sancho (Comunitat Valenciana). Cidrás, ciclista do XSM de Marín, cedeulle o protagonismo á fronte do grupo a García, do Avanza-O Porriño, no segundo parcial. E xusto ao inicio do terceiro, viviuse unha pequena tregua que aproveitaron Martí Collell (Catalunya) e Asier Gómez (Madrid) para conectar coa cabeza da carreira.

imagen

A unidade do sexteto durou moi pouco e saltou definitivamente polos aires co ataque de Latorre, que comezou a última volta cuns metros de vantaxe respecto aos dous galegos. Cidrás e García cazaron ao aragonés antes da subida na que todos os cadetes botaban pé a terra e foi o marinense quen a continuación buscou marcharse en solitario. O redondelán cedeu e na aproximación a meta viviuse un vibrante man a man.

Tras intercambiarse adiantamentos, Cidrás e Latorre xogáronse a vitoria ao esprint na recta de meta, impoñéndose o galego de xeito moi axustado e sucedendo no palmarés do Campionato de España ao seu veciño Lucas Lozano na categoría cadete. García fíxose co bronce, a 15 segundos dos dous primeiros, e pechou cunha medalla unha fantástica campaña na que se anotou a xeral e seis triunfos na Copa de España. Aarón Rodríguez, sétimo a 49”, e Mateo Hermida, 12º a 1:02, completaron a sensacional actuación de Galicia.

imagen

A Selección de Breogán tamén amosou o seu alto nivel como bloque na proba cadete feminina con tres ciclocrosistas no top-12. Vega Aldrey concluíu sétima, a 25” da vencedora; Marta Utrera fixo novena, a 49”; e Lara Fernández, 12ª a 59”. Xunto a elas competiron Nerea Soto, 19ª, e Clara Pintos, 26ª.

Na outra carreira do día con presenza do combinado galego, o mellor resultado da nosa comunidade obtívoo Néstor Frías, que lucindo as cores do Club Ciclista Ribadumia terminou 11º na categoría Sub-23. Por detrás do representante do equipo do Salnés cruzaron a liña de meta Martín Díaz e Raúl Puelles, 20º e 25º respectivamente, e entre eles Darío Buceta (Supermercados Froiz), 21º. Pola súa banda, Ricardo Buba abandonou.

Subcampionato máster

A conta de medallas do ciclocrós galego en Tarancón abriuna este sábado Marina González (Supermercados Froiz). A verinense afincada en Vigo proclamouse subcampioa Máster-40B, grupo de idade que dominou por 48” de vantaxe Felisa Ares (Castilla y León). A un paso do terceiro chanzo do caixón quedou Beatriz Vicente (Podium Team), cuarta nas M40A.  

imagen

No resto de categorías Máster, unha avaría privou de repetir título a Marcial Rodríguez (QuéBici-Marcisport) cando lideraba a proba M60A e tivo que conformarse coa quinta praza, dous postos por diante de Darío Buceta (Farto). Os mellores resultado do noso CX nos M50A rubricáronos Eloy Otero (In Situ), sétimo, e Guillermo Álvarez (Cambre), oitavo; en canto aos M40B Moisés Leboso (G.D. 10) finalizou sétimo e nos M40A Dario Otero (Cambre), oitavo; e nos M30, Miguel Porto (Ponteareas) clasificouse 15 e Francisco Baña (Cidade de Santiago),16º).

Xornada final

O Campionato que arrancou o venres, coa sexta posición de Galicia no Team Relay, baixará o pano este domingo. O programa da última xornada botará a rodar ás 9:00 horas coa carreira júnior feminina na que a Selección de Breogán contará con Alejandra Neira e Xiana Seijo. Ás 10:20 h chegará a quenda da proba júnior masculina que afrontarán Lucas Lozano, José Manuel Pintos e Marcos Rodríguez. A competición raíña feminina está fixada para as 11:30 h coa sub-23 Lorena Patiño e a elite Irene Trabazo, quedando como colofón os elites masculinos, pelotón do que formarán parte Samuel González e Borja Gómez, a partir das 12:45 h.

Máis información e clasificacións

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es