Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Galicia inicia cun sexto posto no Team Relay o Campionato de España de Ciclocrós en Tarancón

09 DE ENERO DE 2026

Unha caída na terceira volta, con avaría incluída, impediu á Selección de Breogán colleitar un mellor resultado

Galicia-inicia-cun-sexto-posto-no-Team-Relay-o-Campionato-de-Espana-de-Ciclocros-en-Tarancon

Fotos: Luz Iglesias

A proba de remudas por combinados autonómicos lanzou esta tarde o Campionato de España de Ciclocrós 2026 que ten como escenario a localidade conquense de Tarancón. A carreira Team Relay resolveuse co sexteto da Selección de Galicia asinando a sexta posición. A Comunitat Valenciana, capitaneada polo sete veces campión estatal Felipe Orts, adxudicouse o título con máis de medio minuto de vantaxe respecto a Cantabria e Asturias, segunda e terceira respectivamente, nunha competición que contou con dez conxuntos en liza. 

Subcampioa o ano pasado nas Pontes, a Selección de Breogán compareceu no circuíto da Ermita de la Virgen de Riánsarecunha aliñación moi renovada respecto ao 2025. Só repetiron Lorena Patiño e Miguel Rodríguez no equipo dirixido por José Alberto del Río. Despois de que o sub-23 Ricardo Buba completara a primeira volta en 7 minutos e 38 segundos, e de que a cadete Vega Aldrey fixera 8:45 na segunda posta, a mala sorte cebouse con Galicia no terceiro xiro. O júnior Marcos Rodríguez sufriu unha caída e nese percance atascóuselle a cadea. A perda que provocou esa avaría disparou a 8:49 o tempo marcado nese parcial, o que impediu un mellor resultado final do combinado galego. 

imagen

A elite Irene Trabazo investiu 8:18 na cuarta volta, o elite Miguel Rodríguez realizou a súa remuda en 7:13 e a sub-23 Lorena Patiño cruzou a liña de meta logo de 8:14 de esforzo. Galicia rematou a 30 segundos de Catalunya -quinta clasificada-, a 1 minuto de Euskadi -cuarta-, e a 1:22 de Asturias, que estivo a piques de dar caza a Cantabria nos últimos metros. Máis información e clasificación

Programa do sábado

Ás 9:30 horas deste sábado arrancan as probas individuais do primeiro Campionato de España. Unha vez finalizados todos os grupos de idade Máster masculinos, ás 12:30 h chegará a quenda das cadetes, que competirán xunto ás mulleres Máster. A Selección de Breogán contará na categoría feminina de menor idade con cinco corredoras: Vega Aldrey, Marta Utrera, Nerea Soto, Lara Fernández e Clara Pintos. 

A continuación, para as 13:50 h, está prevista a carreira cadete masculina co cuarteto galego formado por Guillermo García, Pedro Cidrás, Aarón Rodríguez e Mateo Hermida. Como colofón a esta segunda xornada en Tarancón entrarán en acción os Sub-23 masculinos, ás 14:45 h, con Ricardo Buba, Martín Díaz e Raúl Puelles representando á Selección da nosa comunidade. Todo o que aconteza tanto o sábado como o domingo no trazado conquense poderá seguirse en streaming a través de Sportpublic TV. 

Convocatoria completa da Selección de Galicia

GALERÍA DE FOTOS

Galicia inicia cun sexto posto no Team Relay o Campionato de España de Ciclocrós en Tarancón
Galicia inicia cun sexto posto no Team Relay o Campionato de España de Ciclocrós en Tarancón
Galicia inicia cun sexto posto no Team Relay o Campionato de España de Ciclocrós en Tarancón
Galicia inicia cun sexto posto no Team Relay o Campionato de España de Ciclocrós en Tarancón
Galicia inicia cun sexto posto no Team Relay o Campionato de España de Ciclocrós en Tarancón
Galicia inicia cun sexto posto no Team Relay o Campionato de España de Ciclocrós en Tarancón
Galicia inicia cun sexto posto no Team Relay o Campionato de España de Ciclocrós en Tarancón
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es