Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A nova páxina web da FGC xa está operativa

01 DE JUNIO DE 2020

Máis contidos, fácil funcionamento e maior dinamismo na renovada www.fgalegaciclismo.es

A-nova-paxina-web-da-FGC-xa-esta-operativa-

A Federación Galega de Ciclismo actualízase para ofrecer un servizo máis completo a través da rede. Dende este 1 de xuño a FGC conta cunha nova web que amplía os seus contidos nun portal dinámico e de doado funcionamento.

O renovado formato da páxina resulta familiar dado que segue o mesmo modelo da web da Real Federación Española de Ciclismo. As últimas novas comparten espazo co catálogo de servizos, o calendario ou as actualizacións das redes sociais. 

Unha das principais novedades é a sección de vídeos a través da cal se ofrece a opción de revivir os eventos máis importantes do noso ciclismo. 

O traballo realizado durante os meses de confinamento permitiu engadir funcionalidades á vez que se buscou facilitar o acceso dos usuarios a trámites e outras demandas que se poden efectuar de xeito virtual.

Desfruta dun novo entorno, da nova www.fgalegaciclismo.es 

 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es