Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Gemma Chapela pecha a Copa de España de Descenso cun segundo posto en Otívar

26 DE SEPTIEMBRE DE 2022

A rider do VK Bikes sumou na provincia de Granada o seu segundo podio da temporada no certame estatal

Gemma-Chapela-pecha-a-Copa-de-Espana-de-Descenso-cun-segundo-posto-en-Otivar

Foto: Federación Andaluza de Ciclismo

A Copa de España de Descenso 2022 quedou resolta este domingo coa cuarta e última proba do seu calendario. A localidade granadina de Otívar foi o escenario dun evento no que Gemma Chapela volveu pisar o caixón do certame estatal tres meses despois. Terceira a finais de xuño en Briviesca, a rider do VK Bikes obtivo esta vez a segunda posición na clasificación Elite-Sub23. 

Zoe Zamora (Galapagar) asinou o mellor tempo feminino e grazas ao resultado logrado en Otívar fíxose coa xeral da Copa. A sub23 madrileña detivo o reloxo en 3:32, batendo por 1:10 á morracense Chapela. A elite galega mellorou na final en 5" o tempo marcado na clasificatoria. O podio da categoría raíña feminina completouno a valenciana Mavi Galisteo (Riba-Roja) cun rexistro de 6:04.

Os puntos sumados pola representante do VK Bikes permitíronlle subir dous postos no ranking do certame español e terminar cuarta. A única Copa estatal de BTT que falta por concluír esta campaña é a de Ultramaratón.

Clasificación Otívar

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es