Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Enduro Monte Castelo Burela reparte por primeira vez os títulos autonómicos

25 DE MAYO DE 2024

O Campionato de Galicia 2024 arranca este sábado cun treito urbano

O-Enduro-Monte-Castelo-Burela-reparte-por-primeira-vez-os-titulos-autonomicos

Unha semana despois de que se pechara a Copa de España en Ares e en Mugardos, chega outra das grandes citas no calendario do Enduro. Este sábado ponse en marcha na localidade lucense de Burela o Campionato de Galicia cun treito urbano e o domingo resolverase a batalla polas camisolas da Federación Ciclismo Galego (FCG) con cinco parciais cronometrados. Na súa cuarta edición, a proba de Monte Castelo reparte os títulos autonómicos. 

O evento organizado polo Club Cerezo Bikes propón unha fin de semana de competición e de actividades de lecer como o concerto que se celebrará na noite do sábado. Antes de que empece a soar a música en directo, as corredoras e os corredores inscritos, un total de 103, pedalearán dende as 18:00 horas no TC0, un tramo urbano que marcará as primeiras diferenzas. O cadete Álvaro González (20:20) encargarase de romper o xeo. A orde de saída e os tempos en directo poden consultarse facendo click nesta ligazón ou a través do Código QR que achegamos. 

imagen

O domingo, o día grande do Campionato de Galicia - 4º Enduro Monte Castelo Burela, os participantes disputarán cinco treitos cronometrados. A acción comezará ás 9:00 h. En conxunto, esta competición conta con 28 quilómetros de percorrido e 1.400 metros en desnivel. 

As coroas FCG de Enduro pertencen ata esta fin de semana a once riders que o ano pasado subiron ao máis alto do podio no trazado porriñés de Budiño: Arantxa Gómez e Rubén Temprano en cadetes, André Martínez nos juniors, David Fernández nos sub-23, Desiree Fernández e Mauro González en elites, Lorena Castro e Santos Lemos en máster-30, José Manuel López Vaqueiro nos máster-40, Jose Misa nos máster-50 e Francisco Javier Acevedo nos máster-60. Esta nómina actualizarase en Burela. 

 

GALERÍA DE FOTOS

O Enduro Monte Castelo Burela reparte por primeira vez os títulos autonómicos
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es