Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Lalín Bike Race volve acoller o Campionato de España de XC Maratón

20 DE JUNIO DE 2024

A localidade pontevedresa será escenario desta nova edición do Campionato de España de XCM que se celebra o próximo 23 de xuño sobre un espectacular percorrido de 95 quilómetros onde se esperan máis de 430 corredores

A-Lalin-Bike-Race-volve-acoller-o-Campionato-de-Espana-de-XC-Maraton

Tras organizar o Campionato de España da modalidade en 2021, a espectacular Lalín Bike Race volverá ser a encargada de acoller este domingo 23 de xuño a edición 2024 do nacional de XC Maratón.

Baixo a organización do Extol MTB Team e o Club Montes do Deza, a proba, cuxa saída e meta realizarase na localidade pontevedresa de Lalín, contará con máis de 430 corredores. Este Campionato ofrecerá un percorrido esixente de 95 km con máis 2.800 metros de desnivel para a categoría masculina e 86 km e 2.600 metros de desnivel para as mulleres. Un percorrido moi físico que poñerá a proba a resistencia dos corredores. Ás 9:30 h da mañá, a Praza de Galicia de Lalín será testemuña da saída deste Campionato de España de XC Maratón.

 

PERCORRIDO HOMES

imagen

PERCORRIDO MULLERES

imagen

Entre os grandes nomes para alzarse co título estatal en categoría masculina cabe destacar a presenza do campión das últimas dúas edicións, Sergio Mantecón, que tratará de revalidar a súa coroa ante ciclistas da talla de Roberto Bou, Sergio Gutiérrez, Ismael Esteban, Juan Luis Pérez, Manuel Cordero, Pau Marzà, Pablo Rodríguez, Miguel Muñoz ou Francisco Herrero, entre outros.

Pola súa banda, entre as mulleres aparecen corredoras da talla de Natalia Fischer, Tessa Kortekkas, Meritxell Figueras, María Pilar Fernández, ás que se unirán corredoras especialista en ciclocrós como a campioa de España Lucía González ou Sofía Rodríguez.

O acto de presentación contou coa presenza dos presidentes do Extol MTB Team e Club Ciclista Montes do Deza, Javier Busto e Manuel Val, Belén Cachafeiro en representación da Deputación de Pontevedra, Avelino Souto, concelleiro de deportes de Lalín e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego.

Máis información

 

 

GALERÍA DE FOTOS

A Lalín Bike Race volve acoller o Campionato de España de XC Maratón
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es