03 DE MAYO DE 2025
Fotos: Lalín Bike Race
O Cantón de San Roque de Melide deu inicio e final á terceira etapa da Volta a Galicia BTT. Os 282 corredores que saíron tivéronse que enfrontarse aos 1500 metros de desnivel positivo dunha esixente tirada. A etapa desenvolveuse por carreiros da rede NATURA e da Serra do Careón. Estes últimos tramos foron os que decidiron a carreira co acelerón protagonizado polos corredores do Klimatiza Orbea Team Roberto Bou e Sebastián Andrés, xunto co segoviano Raúl Rodríguez (Extremadura Ecopilas).
A menos de 3 quilómetros da meta, o dúo composto polos ciclistas do Klimatiza Orbea Team marchouse cara á liña de chegada, deixando atrás a Raúl Rodríguez. Na mesma, o chileno Sebastián Andrés bateu ao sprint ao seu compañeiro de equipo e fíxose coa súa segunda vitoria de etapa nesta Volta a Galicia BTT.
Na clasificación xeral, Sebastián Andrés mantén a primeira posición con 31 segundos de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo Roberto Bou. En terceiro lugar atopamos a Raúl Rodríguez, e en sexta posición está o vigúes Brándan Márquez (VBikes Team).
En canto á proba feminina, a estremeña María Reyes Murillo (Extremadura Ecopilas) impúxose no esprint final a súa compañeira de equipo Natalia Fisher. A terceira clasificada na proba feminina foi Cristina Morán (Scott-BTB Sport Team).
Na clasificación xeral feminina segue o dominio da dobre campioa continental Natialia Fisher, que conta cunha vantaxe de máis de 20 minutos sobre a súa compañeira de equipo María Reyes Murillo. Pola súa banda, a terceira clasificada é a galega Lara Lois (Scott-BTB Sport Team), que a pesar de ser sexta en Melide mantén o posto de honra na clasificación.
A partir das 2 da tarde, nun Cantón de San Roque cheo de xente gozando os petiscos e El Huevo de la Abuela, as autoridades, Ana Mosteiro, concelleira de Deportes de Melide, xunto con Aurora Fernández Blanco e Jairo Rodríguez, edís do citado concello, entregaron os premios correspondentes a esta terceira etapa da rolda da clase S2 no calendario da Unión Ciclista Internacional (UCI).
Para mañá domingo queda a cuarta e última etapa da proba, con principio e final en Lalín, despois dunha distancia de 60 quilómetros e un desnivel positivo de 1400 metros. Toda a emoción pasa pola vitoria final na clasificación xeral masculina e o segundo posto da clasificación feminina.
Máis información e clasificacións
Fonte: Lalín Bike Race
BTT
BTT
SELECCIÓNS
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es