20 DE MAYO DE 2025
O XIII Descenso Larreineta supuxo este domingo unha paréntese no calendario da Copa de España de DH máis galego dos últimos anos. A proba biscaíña disputouse como terceira xornada puntuable tres semanas despois do DHI Pozo do Demo e antes de que o certame estatal se resolva co DH Molinos O Páramo, o 1 de xuño, e o DHI Manzaneda Estación 2025, o 29 de xuño. Dous riders da nosa comunidade pisaron o caixón en Trapagaran.
O cadete Mario Barreiro (Cerdedo-Cotobade), que viña de facer terceiro en Verín, repetiu posto en Euskadi. Nunha baixada de 1.900 metros de lonxitude e un desnivel negativo de 390 metros, marcou un rexistro na final de 3:02.967. Ese tempo só o melloraron na súa categoría dous cataláns, o gañador Marcel Barrachina (BTT Avia) -2:57.027- e o segundo clasificado Lluc Hospital (La Tribu) -2:59.699-.
O outro podio galego asinouno Ricardo Escudero (Poio Bike), primeiro en Máster-50 grazas a unha marca de 3:28.004. O seu triunfo permitiulle escalar dous postos na xeral e colocarse líder. Nos grupos de idade máster tamén destacaron Carlos Díaz (CiclosQuintena) e Manuel Baños (Bicicletas Chinquena), cuarto e sétimo respectivamente nos 40, e Diego Cuba (Medela), sétimo nos 30.
O máis rápido entre toda a representación da nosa comunidade foi Hugo Rosendo (Cerdedo-Cotobade), sexto en Elite e Sub-23 cun 'crono' de 3:02.536. Pola súa banda, Alexia Santervas (A Forna) ocupou a cuarta praza júnior.
SELECCIÓNS
BTT
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
BTT
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es