Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Mar Delgado cólgase a medalla de bronce elite no Campionato de España de Ultramaratón

05 DE OCTUBRE DE 2025

O XCUM galego colleitou catro podios nos grupos de idade máster, entre eles os títulos de Diego Álvarez e Manuel Parada

Mar-Delgado-colgase-a-medalla-de-bronce-elite-no-Campionato-de-Espana-de-Ultramaraton

Fotos: RFEC

Os 140 quilómetros, con máis de 3.500 metros de desnivel positivo acumulado, do Gran Premio ASOTUR Alberche-Pinares actuaron este sábado como Campionato de España de Cross Country Ultramaratón. Neste desafío pola provincia de Ávila, con saída e chegada na localidade de Navaluenga, cinco bikers da nosa comunidade acadaron unha medalla. A de bronce da elite Mar Delgado (Monteneme-Calvo) situou ao XCUM galego nun dos podios da categoría raíña.

Subcampioa no 2024, a betanceira Mar Delgado entrou por diante doutra galega na pugna pola terceira posición elite feminina. Cun tempo de 7 horas 54 minutos e 53 segundos, a 9' da rioxana Corina Mesplet (Ciclo Sport) e a 1' da balear Laura Ríos (Constr Ibiza), a fondista do Monteneme Calvo cruzou a liña de meta con 6 minutos e medio de marxe respecto á mosense Susana Alonso (Extol-Zambora.es). A quinta praza ocupouna outra representante da nosa autonomía, Cecilia Abal (Ribadumia).

O primeiro galego que completou o percorrido foi Brandán Márquez (V Bikes), oitavo na táboa elite, cun tempo de 6:04:00. A 34" do vigués rematou o ribeirense Manuel Ángel Parada (Xesteiras) proclamándose campión de España máster-30B por máis de 3' de vanataxe. O segundo título para a nosa comunidade só tardou 1 minuto máis en caer e o tudense Diego Álvarez (Podium Team) adxudicábase a coroa máster-30A por unha diferenza superior aos 11' respecto ao segundo clasificado. 

imagen

imagen

Polo ouro máster-40A loitou o santiagués Manuel Casuso (Xesteiras), finalmente segundo a menos de 3' do novo campión, o madrileño Luis Alberto Martínez (Flyz Montenevado). Ás portas do podio quedou Juan Manuel Expósito (Milagrosa), cuarto en máster-50A logo de xogarse ao esprint a terceira praza co valenciano Antonio Iborra (Algar), e o repóquer de metais do noso XCUM selouno Constantino Arias (Límite Bierzo), bronce en máster-60B. Outros top-10 asináronos Dario Suárez (3AG), noveno en máster-30B, e Jorge Abeal (3AG), Carlos Valiña (3AG) e Jorge Figueiras (BTT Trotacumes), oitavo, noveno e décimo, respectivamente, en máster-40B. 

imagen

imagen

Clasificacións

GALERÍA DE FOTOS

Mar Delgado cólgase a medalla de bronce elite no Campionato de España de Ultramaratón
Mar Delgado cólgase a medalla de bronce elite no Campionato de España de Ultramaratón
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es