Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O protocolo da FGC contra a COVID-19 estréase esta fin de semana na Volta a Lugo Máster

17 DE JULIO DE 2020

O ciclismo regresa a Galicia co evento organizado polo Chantadino Máster Team

O-protocolo-da-FGC-contra-a-COVID-19-estrease-esta-fin-de-semana-na-Volta-a-Lugo-Master

Despois de algo máis de catro meses de parón pola crise sanitaria da COVID-19, o ciclismo regresa esta fin de semana a Galicia. A Volta a Lugo Máster será o primeiro evento post confinamento na nosa comunidade autónoma e na cita organizada polo Chantadino Master Team estrearase o protocolo de actuación para a volta da actividade ciclista elaborado pola Federación Galega de Ciclismo (FGC). 

Ademais de respectar as medidas de hixiene e seguridade, os participantes deberán entregar no momento de retirar o seu dorsal o CONSENTIMENTO e a DECLARACIÓN RESPONSABLE. Ambos documentos podes descargalos aquí

Nesta noticia achegamos o protocolo COVID-19 da FGC, un documento que se vai aplicar por primeira vez nesta proba. 

DOCUMENTOS ADJUNTOS

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es