09 DE ABRIL DE 2021
Foto: Photo Gómez Sport
Ás veces, o ciclismo non só coroa aos gañadores. En ocasións, aqueles que co seu sacrificio conseguen terminar a xornada reciben a súa recompensa. Carlos Canal foise ao chan este venres na Itzulia e tivo que ser atendido por abrasións, golpes e varias feridas na cara, queixo, ombreiro e perna dereita.
O ciclista máis novo da Itzulia foi capaz de regresar ao grupo principal e recibir as atencións dos médicos da proba. Con máis de 130 quilómetros por diante, o limiao do Burgos BH sufriu nas zonas máis duras pero alcanzou en tempo a meta de Ondarroa. Alí recibiu o premio da combatividade no podio, cunha sentida ovación do público.
"Na parte inicial, ía atento porque quería escaparme. Saíndo á fuga, abrinme porque se pechaba o pelotón para saír a un corte. Metín a roda nunha gabia para a auga e xa non puiden librar a caída. Pegueime un golpe forte e a verdade que me custou moito poder terminar", comentou Canal moi dolorido á conclusión da etapa.
Debido ás feridas sufridas, o ciclista de Xinzo de Limia non tomou a saída este sábado na última xornada da rolda vasca.
Fonte: Burgos BH
CARRETERA
FORMACIÓN
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es