Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Alejandro Crende vence en Viveiro e Tomás Pombo continúa líder da Copa Galicia Cadete de Estrada

30 DE JUNIO DE 2021

Vania Gregores anotouse o triunfo nas cadetes

Alejandro-Crence-vence-en-Viveiro-e-Tomas-Pombo-continua-lider-da-Copa-Galicia-Cadete-de-Estrada

Fotos: Club Ciclista Cidade de Lugo

O calendario autonómico de cadetes e escolas celebrou o pasado sábado en Viveiro unha das súas citas tradicionais. Exercendo de apertivo da Copa de España de Ciclismo Adaptado, o Gran Premio Ciclista San Roque alcanzou a súa 37ª edición e as súas probas raíñas volveron rematar en alto, no monte que dá nome á carreira. Unha ascensión na que Alejandro Crende (Cidade de Lugo - Mybike) inscribiu o seu nome no palmarés do evento organizado polo Club Ciclista Viveiro. 

O percorrido de 42,3 quilómetros comezou no Porto de Celeiro e para os cadetes masculinos supoñía a segunda xornada da Copa Galicia de Estrada. Tomás Pombo (Cambre-Caeiro) chegaba vestido de líder á Mariña Lucense e conseguiu manter a camisola da Federación Ciclismo Galego malia cruzar a liña de meta do Monte San Roque por detrás do segundo clasificado na xeral, de Iker Rodríguez (O Rosal). Alejandro Crende, que na estrea do certame autonómico fora cuarto en Carballo, fíxose esta vez co triunfo. 

En canto ás cadetes, Vania Gregores impediu o dobrete do Cidade de Lugo. A corredora do Ponteareas gañou por diante da representante lucense Laura Anes. Lara Ozores (Barbanza) terminou terceira. 

No resto das categorías as vitorias corresponderon a Fabiola Cobas (Compostelano) e Felix Murado (Viveiro) en promesas; a Anxa Gómez (Betanzos) e Martín Alfonso (Ponteareas) en principiantes; a Carmen Cabot (Padronés) e Nicolás Puga (Compostelano) en alevíns; e a Lorena Patiño (Farto) e Diego López (Compostelano) en infantís.

 

Clasificacións 

GALERÍA DE FOTOS

Alejandro Crende vence en Viveiro e Tomás Pombo continúa líder da Copa Galicia Cadete de Estrada
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es