Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Presentación da Vuelta Comarca Brigantina - GP Concello de Betanzos e do Trofeo Festas do San Roque

03 DE AGOSTO DE 2021

Dobre cita do calendario de estrada organizada polo Club Ciclista Betanzos

Presentacion-da-Vuelta-a-la-Comarca-Brigantina---GP-Concello-de-Betanzos-e-do-Trofeo-Festas-de-San-Roque

 Esta mañá realizouse a presentación de dúas probas que o Club Ciclista Betanzos organizará os próximos días 8 e 15 de agosto: XXV Vuelta Comarca Brigantina – Gran Premio Concello de Betanzos e o V Trofeo Festas do San Roque.

O acto tivo lugar no salún azul do edificio Liceo e estivo presidido pola alcaldesa de Betanzos, María Barral, acompañada por Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo, e Fran Brea en representación do Club Ciclista Betanzos. Entre os asistentes destacou a presenza do concelleiro de Deportes de Betanzos, Andrés Hermida, responsables do Subsector de Tráfico da Coruña, Policía Local de Betanzos, Moto Volta, Proteccion Civil Betanzos e Cruz Roja Betanzos, o concelleiro de Miño, Jose Manuel Pantín, e a concelleira de Bergondo, Patricia Vázquez. Entre o público e medios de comunicación destacou tamén a presenza dun emocionado José Ventosa, socio de honra e fundador do Club Ciclista Betanzos, unha das almas mater das 24 edicións anteriores da Volta á Comarca.

Da Volta á Comarca, o representante do club subliñou a especial ilusión que á actual directiva do faille organizar esta carreira, unha proba que durante 24 edicións, a última no ano 2005, foi a proba estrela do club e nela participaron no seu día o mellor do pelotón amateur. Unha idea que vén madurando desde que a actual directiva colleu as rendas do club no ano 2017 e que xunto coa consolidación da Escola de Ciclismo foron os dous grandes obxectivos que se marcaron.

A carreira discorrerá sobre un trazado que varía do que no seu día se facía a na Comarca. Serán 132 km cun desnivel acumulado de 2000 metros e un circuíto circular con pasos polos concellos de Betanzos, Bergondo, Miño, Pontedeume, Villarmayor, Monfero, Irixoa, Paderne e Coirós. Tres puntos puntuables para o premio da montaña, dous en San Cosme e un no alto da Angustia, dúas Metas Volantes en Betanzos e Miño, e un Sprint Especial en Guisamo farán da Comarca unha carreira na que poucos descansos terá o pelotón.

Variación de última hora no incio e final da proba, por motivo da COVID desde o Club e o Concello tomaron a decisión de desprazar a saída e chegada para a zona do Pasatempo para que non se sature de xente a praza García Hermanos, xa que a localización nese punto de toda a montaxe de equipos participantes faría que a praza quedase moi reducida en espazo. Unha pena ese final na Praza da Constitucion que terá que esperar para outro ano.

En canto á inscrición, a dia de hoxe son 194 corredores con presenza de 20 equipos. Dos 12 primeiros da clasificación estatal estarán 10 e dos 12 primeiros corredores da devandito clasificación estarán 10.

Nove equipos galegos: Aluminios Cortizo, Club Ciclista Vigués, Supermercados Froiz, Vigo-Rías Baixas, Retelec-Alca, Farto, Lasal Cocinas Louriña, Team Oiense Turonia Maglia e Gsport-Grupo Innova Tormo. 

Tres madrileños: Tenerife Bike Point Pizzería e Eolo Kometa

Un murciano: Valverde Team

Un alacantino: Esaxx

Un valenciano: Netlar Alé

Un asturiano: Ciudad de Oviedo - Tartiere Auto

Un catalán: Antigua Casa Bellsolà

Dous navarros: Telco'm e Caja Rural

Un castelanleonés: Previley

Un balear: Arabay Team

A maiores corredores independentes ou encadrados en escuadras cun único ciclista como o Academia Postal, Bici Coruña A Rueda Cycling Team... E tamén a presenza do maillot do Club Ciclista Betanzos, que terá na liña de saída a dous corredores: Victor Yañen y Carlos Lendoiro. Do mesmo xeito, destaca a participación do actual campión de España na categoría Elite, Benjamí Prades, integrante do Vigo-Rías Baixas.

Sen dúbida unha inscrición de luxo para unha proba que como ben dicían a alcadesa, Maria Barral, e o presidente da Federación, Juan Carlos Muñiz, vén para quedar e que nun futuro seguirá contando con todo o apoio de ambas institucións. Agredeceron tamén o traballo que desde a Escola de Ciclismo do club vén facendo todo o ano con eses 59 nenos e nenas dunha escola que empeza a dar os seus froitos con algún deles xa seleccionados coa selección galega para asistir a probas estatais.

E aproveitando este acto presentouse o V TROFEO FESTAS DO SAN ROQUE, proba de escolas, cadetes e juniors (este ano correrán por primeira vez en Betanzos) que o próximo 15 de Agosto traerá a Betanzos a escolas e clubs ciclistas de toda Galicia, reforzando esa aposta que desde o club se vén facendo co deporte de base. O circuíto será como sempre o da zona do Pasatempo e o horario programado é de 10:00 a 13:30 horas. Como novidade camisolas para os gañadores, masculino e feminino, en categoría júnior, e puntuable para a Copa Galicia.

Fonte: Club Ciclista Betanzos 

 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es