Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Jonas Vingegaard coróase no Obradoiro

26 DE FEBRERO DE 2023

O danés do Jumbo Visma adxudicouse as tres etapas, a xeral e a montaña de O Gran Camiño

Jonas-Vingegaard-coroase-no-Obradoiro

Fotos: Sprint Cycling Agency

O corredor danés Jonas Vingegaard impúxose este domingo na contra o reloxo final do Gran Camiño, cun tempo de 23:47. Así pois, o vixente campión do Tour de Francia pechou a súa participación na rolda galega con tres triunfos de etapa, a clasificación xeral e a de montaña.

A contra o reloxo final entre Novo Milladoiro e Santiago de Compostela, de 18.10 quilómetros, deixou ao Team Jumbo Visma como gran vencedor. O corredor australiano Rohan Dennis ocupou a “cadeira quente” durante toda a xornada, cun tempo de 24:22. Os corredores foron pasando e acabando a súa participación, e ningún foi capaz de achegarse ao mellor tempo ata o momento.

Con todo, a camisola amarela, Jonas Vingegaard saíu cunha forza espectacular en cada pedalada. Isto provocou que ao paso polo punto intermedio colocásese primeiro, con 14:01. Este tempo xa facía presaxiar o futuro da contra o reloxo final. Ademais, Vingegaard, chegou ao ultimo quilómetro a poucos segundos de adiantar a Rubén Guerreiro, que saíra con dous minutos de vantaxe sobre o danés. Finalmente, fixo o mellor tempo, con 35 segundos sobre Rohan Denis, e foi o único corredor en baixar dos 24 minutos. O limiao Carlos Canal (EUS) asinou un sensacional sexto posto. 

O cambio máis notable na clasificación xeral foi no segundo e terceiro posto. O corredor portugués Rubén Guerreiro (MOV) perdeu a súa condición de segundo clasificado en favor de Jesús Herrada (COF). O ciclista español estivo moi presionado por Attila Valter (TJV), cuarto clasificado, e fixo unha gran contra o reloxo que lle permitiu ser segundo, con 17” de diferenza sobre Rubén Guerriero e 22” con Attila Valter.

Ademais, Cofidis subiu ao podio da praza do Obradoiro tras adiantar nesta contra o reloxo final a Movistar como mellor equipo da carreira. A clasificación de puntos foi para Sebastian Schönberger (HPH) e nos mozos o vencedor foi Lukas Nerurkar (TIR).

Clasificacións

Fonte: O Gran Camiño 

GALERÍA DE FOTOS

Jonas Vingegaard coróase no Obradoiro
Jonas Vingegaard coróase no Obradoiro
Jonas Vingegaard coróase no Obradoiro
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es