17 DE MAYO DE 2024
Fotos: Asier Torrado
O ciclismo galego cumpriu un ano máis coa súa tradición no Día das Letras Galegas. Como cada 17 de maio, este venres disputouse o Campionato de Galicia de Contra o Reloxo Individual (CRI), unha cita que esta vez tivo como escenario o concello lucense da Pobra do Brollón e á que se apuntaron 205 participantes. En total, puxéronse en xogo quince coroas autonómicas e os mellores rexistros nun percorrido para especialistas asináronos o sub-23 Alejandro Paz (Padronés-Cortizo) e a elite María Jesús Barros (Supermercados Froiz).
A chuvia acompañou durante case todo o campionato nun trazado de 23,5 quilómetros. No ida e volta entre A Pobra do Brollón e Bóveda, pasando por Cereixa, o terreo permitiu rodar moi rápido. Un perfil chairo, cun único punto onde resultaba case obrigatorio poñerse de pé enriba da bicicleta. Marcáronse velocidades moi altas e a emoción polo primeiro posto ou por subir ao podio mantívose ata a liña de meta en varias categorías.
Unicamente 2,6 segundos separaron aos dous primeiros clasificados absolutos masculinos. O elite Juan Vidal (Lasal Cocinas – Craega) estableceu o mellor tempo no punto intermedio (km 11,8), con 5” de vantaxe respecto a Alejandro Paz. Ninguén rodou máis forte que o ribeirense do Padronés-Cortizo na segunda parte do percorrido e cunha marca de 30 minutos e 19 segundo rubricou o mellor rexistro da xornada, a unha media de 46,4 km/h.
A menos de 3” do rexistro do sub-23 Paz finalizou o elite Vidal. Os dous protagonistas deste vibrante duelo nunca subiran ao máis alto do podio no campionato autonómico de CRI. A terceira praza absoluta obtívoa o sub-23 Martín Rey (Padronés-Cortizo), a 20” do seu compañeiro de equipo. Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz), cuarto na táboa global, levouse o bronce sub-23 con 10” de marxe sobre Manuel Rodríguez (Padronés-Cortizo). A sexta praza absoluta correspondeu a Álvaro Sobral (Team Oiense-Escuela Estévez), segundo nos elites.
A categoría máis vibrante foi a júnior, cos tres primeiros nunha exigua marxe. Tomás Pombo (Padronés-Cortizo) -sétimo na clasificación absoluta- revalidou o título ao bater por 4” a Diego López e a Lois de Jesús (ambos do Picusa Academy) prata e bronce, respectivamente, tras obter a novena e a décima posición na xeral separados por menos de 4 décimas. Oitavo fixo o cuarto sub-23, Hugo Calvo (Padronés-Cortizo), e ás portas do top-10 quedou Cristian Lapido (Team Oiense-Escuela Estévez), que si logrou o premio do terceiro posto elite.
Aos seus 50 anos, María Jesús Barros impúxose unha vez máis entre as mulleres. Á porriñesa do Supermercados Froiz non llo puxo nada doado a sub-23 Carmen Mallo. De feito, a corredora do Team Farto-BTC avantaxouna en 7” no punto intermedio, pero a incombustible campioa elite dominou na meta cun tempo de 36’59, rebaixando en 8” o da ciclista da Laracha.
A terceira praza absoluta ocupouna a gañadora júnior Lucía Piñón (Team Farto-BTC), a 3” de Mallo, e adxudicándose o título xuvenil de forma moi axustada -por 5”-. Este triunfo chegou con remonta incluída porque no km 11,8 a mellor referencia absoluta de todas as participantes estableceuna a júnior Aroa Otero (Supermercados Froiz), sendo 1” máis rápida que Piñón. As cinco primeiras posicións entre as mulleres pechounas a elite Ana Portela (Supermercados Froiz).
Entre as dez mellores tamén se meteron, e na seguinte orde, Nerea Suárez (Becani) -terceira júnior-, a portuguesa Rosa Marques -vencedora máster-50-, a subcampioa sub-23 Laura Mira (Team Farto-BTC), a cuarta júnior Xiana Camiña (Becani) e Iria Nieto (Team Oiense Women), terceira elite. En canto ás máster-40, Natalia Raña (Norinver) proclamouse campioa do seu grupo de idade.
Cadete, Infantil e Paralímpico
Os outros títulos autonómicos disputáronse sobre unha distancia de 11,7 km, un circuíto entre A Pobra do Brollón e Fornelas. Alejandra Neira (Cambre) repetiu por segundo ano como campioa cadete e Anxo Delgado (Compostelano-Muebles Compostela) fíxose co maillot cadete masculino. A categoría Infantil formou por primeira vez parte deste campionato e apuntáronse as vitorias Antía Torres (Teis) e Ariel Soto (Cambre). Pola súa banda, as medallas de ouro no Ciclismo Paralímpico recibíronas Óscar López (Neuroimpulse-Galicia) en MC3, Ángel López (Enki) en MH2, Álvaro Illobre (Pulpeiros Mugardos) en MH4 e Daniel Prada (Enki), vencedor MH3 por diante do seu compañeiro de equipo Alejandro González.
O alcalde Xosé Lois Maceda, o concelleiro Ricardo Rodicio encargáronse de entregar os premios xunto a Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo, e a Óscar Sánchez, directivo da Federación Ciclismo Galego.
PODIOS CAMPIONATO DE GALICIA
Infantil F
1. Antía Torres (Teis)
2. Vega Aldrey (Cambre)
3. Carla Ballester (Betanzos)
Infantil M
1. Ariel Soto (Cambre)
2. Aarón Rodríguez (Lynalfa-Ponteareas)
3. Álvaro Iglesias (Compostelano-Muebles Compostela)
Cadete F
1. Alejandra Neira (Cambre)
2. Irene Signo (TenerifeBikePoint)
3. Inés Santalla (Cambre)
Cadete M
1. Anxo Delgado (Compostelano-Muebles Compostela)
2. Xian Rodríguez (Padronés-Cortizo)
3. Lucas Blanco (Cambre)
Júnior F
1. Lucía Piñón (Team Farto - BTC)
2. Aroa Otero (Supermercados Froiz)
3. Nerea Suárez (Becani)
Júnior M
1. Tomás Pombo (Padronés-Cortizo)
2. Diego López (Picusa Academy)
3. Lois de Jesús (Picusa Academy)
Sub-23 F
1. Carmen Mallo (Team Farto - BTC)
2. Laura Mira (Team Farto - BTC)
3. Andrea Prada (Team Farto - BTC)
Sub-23 M
1. Alejandro Paz (Padronés-Cortizo)
2. Martín Rey (Padronés-Cortizo)
3. Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz)
Elite F
1. María Jesús Barros (Supermercados Froiz)
2. Ana Portela (Supermercados Froiz)
3. Iria Nieto (Team Oiense Women)
Elite M
1. Juan Vidal (Lasal Cocinas - Craega)
2. Álvaro Sobral (Team Oiense - Escuela Estévez)
3. Cristian Lapido (Team Oiense - Escuela Estévez)
Máster-40 F
1. Natalia Raña (Norinver)
2. Mónica Alarcón (Máster da Louriña)
3. Montserrat Constenla (San Lázaro)
MC3
1. Óscar López (Neuroimpulse-Galicia)
MH2
1. Ángel Plácido López (Inclusivo Enki)
MH3
1. Daniel Prada (Inclusivo Enki)
2. Alejandro González
MH4
1. Álvaro Illobre (Pulpeiros Mugardos)
CARRETERA
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
CARRETERA
CARRETERA
FEDERACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es