16 DE AGOSTO DE 2024
A Copa de Españ Júnior Cofidis completou o seu calendario de seis probas con presenza galega nos postos altos das súas clasificacións. O carballés Tomás Pombo (Padronés Cortizo), quen portou a camisola de líder durante unha carreira, ocupou a terceira praza na xeral. En canto á taboa por equipos, a formación porriñesa Picusa Academy dominouna dende a primeira ata a última proba puntuable.
O desenlace do certame estatal chegou o 7 de agosto na provincia de Valencia. O II Gran Premio Ayuntamiento Benageber - Alto Turia non provocou cambios relevantes na xeral. Tomás Pombo cruzou a liña de meta na décimo cuarta posición, sumando 18 puntos que o mantiveron terceiro na Copa. En total, acumulou 163 puntos, polos 175 do catalán Marc Zafra (Purito-Tadesan) e os 198 do gañador final, do vasco Hodei Muñoz (Alimco - Campagnolo).
O ciclista do Padronés Cortizo foi un dos nomes propios desta competición dende o inicio. Na primeira carreira, o Circuíto do Guadiana, puxo fin á seca de podios do ciclismo galego neste certame, que se remontaba ao 2017, grazas a súa terceira posición na clásica estremeña. Pombo asaltou o liderado na segunda cita e cedeuno na terceira.
De principio a fin conservou a primeira praza na clasificación por equipos o Picusa Academy. A escuadra con sede no Porriño, na súa primeira temporada na categoría, liderou con 122 puntos a táboa, avantaxando en 19 ao Team Polti Kometa -segundo- e en 36 ao Grupo Fores-Híper Europa -terceiro-.
CARRETERA
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
CARRETERA
CARRETERA
FEDERACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es