Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Comarca Brigantina súmase á Copa de España feminina

19 DE OCTUBRE DE 2024

Pontevedra, Padrón e Vigo mantéñense en 2025 nos calendarios dos certames estatais de estrada

A-Comarca-Brigantina-sumase-a-Copa-de-Espana-feminina-

A Comisión Xestora da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) aprobou na súa última reunión o calendario de probas para a temporada 2025 da Copa de España de estrada Elite-Sub23, a Copa de España de estrada Féminas Cofidis, a Copa de España de estrada Júnior e a Copa de España Máster. En dous destes certames estatais haberá dúas citas puntuables en Galicia e unha delas representa unha novidade. O Club Ciclista Betanzos dá un novo paso na súa aposta polo ciclismo feminino.

A Comarca Brigantina súmase á Copa de España Féminas Cofidis. A clásica betanceira estrearase o sábado 29 de marzo nunha competición na que participan mulleres dende a categoría Cadete ata os grupos de idade Máster. Exercerá de terceira xornada, das sete puntuables da vindeira temporada, e abrirá a fin de semana deste certame na nosa comunidade. Ao día seguinte, o domingo 30, celebrarase por quinto ano consecutivo o Gran Premio Cidade de Pontevedra, da man de Noko 360, na Boa Vila. 

A outra fin de semana con dobre cita dunha Copa de España de estrada en Galicia chegará a mediados de maio. O sábado 17, o Día das Letras Galegas, disputarase no certame para corredores Elite e Sub-23 masculinos a XII Rutas Xacobeas en Padrón. Por terceiro ano seguido, a carreira do Club Ciclista Padronés compartirá coa do Vigo-Rías Baixas a fin de semana final deste circuíto de probas, que a vindeira campaña constará de once clásicas. Os gañadores das clasificacións xerais serán coroados o domingo 18 no podio da Vigo Copa de España.

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es