Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Agradecemento ás sedes da 23ª Volta a Galicia

20 DE SEPTIEMBRE DE 2025

A rolda impulsada pola Xunta de Galicia contou co firme apoio dos concellos de Ribadumia, Caldas de Reis, Barreiros e Ferrol, así como da Autoridade Portuaria de Ferrol, da Deputación de Pontevedra e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

Agradecemento-as-sedes-da-23-Volta-a-Galicia

A 23ª Volta a Galicia Elite e Sub-23 rematou o pasado domingo rexistrando un éxito a todos os niveis. Catro días de ciclismo inesquecibles nos que resultou fundamental a axuda das institucións públicas. Ademais de contar como en cada edición coa Xunta de Galicia como principal apoio, este ano apostaron decididamente pola rolda autonómica a Deputación de Pontevedra, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Autoridade Portuaria de Ferrol e os catro concellos que exerceron de anfitrións das etapas: Ribadumia, Caldas de Reis, Barreiros e Ferrol. 

A Federación Ciclismo Galego desexa recoñecer o compromiso destas entidades, fundamental para que a carreira sexa posible. Ese agradecemento plasmouse coa entrega dun recordo por parte do presidente Juan Carlos Muñiz e do director da proba Jacobo Ucha aos responsables institucionais de cada unha das sedes. Este traballo en conxunto permitiu que a Volta a Galicia fose unha proba segura, con gran ambiente de publico tanto nas saídas como nas chegadas e que se desfrutara dun gran espectáculo deportiva.

Moitas Grazas!

 

GALERÍA DE FOTOS

Agradecemento ás sedes da 23ª Volta a Galicia
Agradecemento ás sedes da 23ª Volta a Galicia
Agradecemento ás sedes da 23ª Volta a Galicia
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es