Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Lynalfa-Ponteareas anótase os dous títulos infantís na Coruña

23 DE SEPTIEMBRE DE 2025

Rocío Bello e Mateo Hermida triunfaron nos axustados finais do Campionato de Galicia

O-Lynalfa-Ponteareas-anotase-os-dous-titulos-infantis-na-Coruna

Fotos: Luz Iglesias

A segunda edición do Campionato de Galicia Infantil formou parte o pasado sábado do Gran Premio Cidade da Coruña. Un percorrido con saída e chegada diante da Chaira do Palacio de Deportes de Riazor acolleu as carreiras nas que se reparten os títulos de Estrada máis novos e as dúas coroas conseguinas o Lynalfa-Ponteareas. Rocío Bello e Mateo Hermida fixeron valer as súas puntas de velocidade en finais moi axustados. 

imagen

Ao fermoso circuíto deseñado na cidade herculina polo club organizador, o Tríatlon Coruña, tanto a categoría infantil feminina como a masculina tiveron que dar dúas voltas ata completar 15,8 quilómetros. O trazado consistiu nun ida e volta pola Avenida de Buenos Aires, Paseo de Ronda, Avenida San Roque de Afuera, Avenida Gerardo Porto, Avenida Fernando Suárez García e o Poboado O Portiño, onde se realizaba un xiro de 180 graos.

A carreira das rapazas infantís chegou aos últimos metros con tres corredoras manexando unha mínima diferenza. O Cambre gozaba de superioridade numérica nese trío, pero a máis rápida ao esprint foi a representante do Lynalfa-Ponteareas. Rocío Bello logrou a vitoria por diante de Aroa García e Lara Fernández, segunda e terceira respectivamente. As dez primeiras clasificadas remataron separadas por unicamente 12 segundos. 

imagen

Unha igualdade semellante viviuse na proba dos rapaces infantís. Catro ciclistas presentáronse na recta de meta cuns 5 segundos de marxe respecto a un grupo de nove unidades. Os perseguidores non conseguiron conectar e Mateo Hermida impuxo a súa potencia ante Hugo Rodríguez (Máster da Louriña), que se adxudicou a medalla de prata, e Mario Miguélez (Compostelano), que ocupou o terceiro chanzo no podio. Breixo Rodríguez (Clementina) pechou o cuarteto. 

Nas outras categorías do Gran Premio Cidade da Coruña, un evento do calendario galego que na súa terceira edición contou con 190 participantes, apuntáronse as vitorias Jimena Paleo (Viveiro) e Xoel Pose (Carballo) en Promesa, Iria Ruíz (Betanzos) e Aluhe Abalo (Betanzos) en Principiante, Fátima Vilouta (Padronés) e Bruno Álvarez (Viveiro) en Alevín, Carla Ballester (Becani) e Xabier Bautista (Máster da Louriña) en Cadete, e Nerea Suárez (Carballo) na carreira Júnior feminina.  

 

PODIOS DO CAMPIONATO DE GALICIA

Infantil F

1. Rocío Bello (Lynalfa-Ponteareas)

2. Aroa García (Cambre)

3. Lara Fernández (Cambre)

 

Infantil M

1. Mateo Hermida (Lynalfa-Ponteareas)

2. Hugo Rodríguez (Máster da Louriña)

3. Mario Miguélez (Compostelano)

 

Clasificacións 

 

 

GALERÍA DE FOTOS

O Lynalfa-Ponteareas anótase os dous títulos infantís na Coruña
O Lynalfa-Ponteareas anótase os dous títulos infantís na Coruña
O Lynalfa-Ponteareas anótase os dous títulos infantís na Coruña
O Lynalfa-Ponteareas anótase os dous títulos infantís na Coruña
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es