11 DE SEPTIEMBRE DE 2025
Fotos: Asier Torrado
A 23ª edición da Volta a Galicia para corredores Elite e Sub-23 arrancou este xoves cunha contra o reloxo de 7,2 quilómetros no concello pontevedrés de Ribadumia e con dominio dun dos equipos máis sobranceiros da categoría. O Caja Rural-Alea, conxunto filial da formación navarra que está a participar na Vuelta a España, copou os tres primeiros postos. O estremeño Iker Pérez impúxose por 93 centésimas de diferenza respecto a Antonio González e con 9 segundos de vantaxe sobre Daniel Cepa.
A chuvia acompañou de xeito intenso aos primeiros participantes do total de 117 ciclistas que tomaron a saída nun percorrido chairo. Aimar Alarcia (Telco-On Clima Osés), o noveno corredor que se puxo en marcha, mantivo o mellor rexistro na meta durante máis dunha hora. A súa marca de 8 minutos e 39 rebaixouna Daniel Cepa en 4” e o representante do Caja Rural – Alea mantívose na ‘cadeira quente’ 20 minutos ata que rematou a súa participación o seu compañeiro Iker Pérez.
“Non me esperaba a vitoria”, admitiu no podio o ciclista cacereño, vencedor cun tempo de 8:26 que estivo a pique de bater Antonio González, segundo clasificado a menos de 1”. Iker Pérez, de 20 anos, recibiu no podio o trofeo de gañador, a camisola de mellor Sub-23 e a amarela como primeiro líder xeral. O maillot de mellor galego corresponde ao vilagarcián Martín Rey (Equipo Cortizo), undécimo na clasificación da etapa a 24” do gañador.
Caldas de Reis
Despois do primeiro asalto, este venres Caldas de Reis exercerá de epicentro dun espectacular trazado. Na primeira das tres tiradas en liña, o percorrido de 138 quilómetros inclúe catro portos puntuables de 3ª categoría. Samuel Blanco, o homenaxeado nesta edición da Volta, colaborou no deseño da etapa.
A saída darase ás 12:30 horas e no treito inicial agarda o Alto da Cruz (km 23) e a continuación a Meta Volante da Estrada (km 26). O seguinte punto quente será o porto de Pontillón de Castro (km 73) antes dun primeiro paso pola liña de meta de Caldas de Reis no que se disputará unha Meta Volante (km 87). Máis puntos para a camisola verde repartiranse en Barrantes (km 112) e dentro dos últimos 20 km os corredores terán que superar as ascensións a Monte Lobeira (km 122) e ao Pousadoiro (km 131), que se coroará a 7 km da meta situada na rúa Carlos García Bayón 'Tafona', onde o final está previsto a partir a partir das 15:30 h.
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
SELECCIÓNS
CARRETERA
AVISOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es