04 DE MAYO DE 2024
A diversión, a aprendizaxe, o compañeirismo, o contacto coa natureza... chegan este verán por partida tripla cos Campus Ciclismo Galego. A oferta de campamentos organizados pola Federación Ciclismo Galego (FCG) para o periodo estival aumenta coa primeira edición da convivencia de Ciclismo en Estrada. Esta nova proposta engádese a dúas xa consolidadas: Mini DH e Ciclocrós.
As datas xa están fixadas. O Campus de Ciclismo en Estrada estrearase na localidade coruñesa de Culleredo do 16 ao 18 de xullo. Os outro dous campamentos terán o mesmo escenario ao mes seguinte.
A Estación de Montaña de Manzaneda acollerá do 15 ao 17 de agosto o de Mini DH, repetindo a experiencia do ano pasado e rematando na véspera do VI Trofeo Federación DHI - Manzaneda Bike Park. A última proba puntuable da Copa de España de Descenso dispútase o día 18.
O terceiro campamento durante as vacacións escolares xa é un clásico do verán. Por cuarto ano consecutivo celébrase o Campus de Ciclocrós, por primeira vez en Manzaneda. Arrancará o 19 de agosto e clausurarase o 22 (3 noites/4 días).
O fío común destas iniciativas é profundar na paixón pola bicicleta das promesas do noso deporte combinando actividades sobre a bici con formación e moito entretemento. Ide reservando estas datas porque en breve abriranse as inscricións. Agardámosvos!
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es