12 DE DICIEMBRE DE 2025
Foto: Concello de Viveiro
Viveiro será escenario, o sábado 20 de decembro, do Ciclocross Concello de Viveiro, décima e última cita puntuable para a Copa Galicia 2025-2026. A presentación da proba contou coa presenza de Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego; e José Alberto del Río, técnico federativo de ciclocrós.
A competición comezará ás 11:00 horas. Os participantes poderán recoller os dorsais desde as 9:30 horas. O prazo de inscrición permanece aberto ata o 17 de decembro ás 23:59 horas.

A alcaldesa Mariña Gueimunde subliñou a importancia desta cita: "Traer a Viveiro unha proba da Copa Galicia de Ciclocrós é un orgullo e unha oportunidade para fomentar o deporte entre os nosos mozos e mozas. Queremos promover hábitos saudables, dar visibilidade ao potencial da nosa comarca e contribuír a dinamizar A Mariña a través dunha modalidade que une natureza, esforzo e vida saudable".
Toda a información sobre a Copa Galicia de Ciclocrós está dispoñible na súa sección dentro desta mesma páxina web e tamén podes atopala nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaCX
Fonte: Concello de Viveiro
doc_6915d9fb206794.74538727_cartel.jpg
CICLOCROSS
SELECCIÓNS
CICLOCROSS
CICLOCROSS
CICLOCROSS
CICLOCROSS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es