Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Modificación do calendario electoral

27 DE JULIO DE 2022

As votacións a membros da Asemblea Xeral quedan establecidas o día 1 de outubro e a Presidente e Comisión Delegada o 3 de decembro

Modificacion-do-calendario-electoral-

Segundo o disposto na Disposición Adicional Segunda do Decreto 16/2018, do 15 de febreiro, polo que se establecen as bases e os criterios para a elaboración dos regulamentos electorais que deben rexer a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, modificado polo Decreto 171/2021, do 23 de decembro, “o día de celebración das votacións a persoas membros da Asemblea Xeral, á Comisión Delegada e á Presidencia da federación serán inhábiles para efectos de celebración de probas ou competicións deportivas de carácter oficial con participación de clubs e/ou as persoas deportistas galegas, na modalidade deportiva correspondente”.

Por ese motivo, dado que as datas das votacións que figuraban no calendario electoral aprobado coincidían con competicións, a Federación Ciclismo Galego veuse na necesidade de modificar o calendario, quedando establecidas as votacións a membros da Asemblea Xeral o día 1 de outubro e o 3 de decembro para Presidente e Comisión Delegada.

Ao mesmo tempo infórmase que tamén están modificadas as datas dos distintos prazos. Cada club ou persoa federada pode acceder a toda a documentación electoral entrando na pestana de Procesos Electorais da súa zona privada.

 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es