Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Agradecemento a José Ramón Lete Lasa

30 DE DICIEMBRE DE 2025

A Federación Ciclismo Galego dá a benvida a Roberto García como novo Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia

Agradecemento-a-Jose-Ramon-Lete-Lasa-

A Federación Galega de Ciclismo quere expresar o seu profundo agradecemento a José Ramón Lete Lasa polo seu compromiso e dedicación ao deporte galego ao longo destes anos exercendo de Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. O seu apoio constante, a súa visión estratéxica e a súa sensibilidade cara ás necesidades do noso deporte foron claves para o crecemento e a consolidación do ciclismo en Galicia.
 
Desexámoslle o mellor nos novos camiños que emprenda, coa certeza de que deixa unha pegada fonda e valiosa no ecosistema deportivo galego.
 
Ao mesmo tempo, damos a benvida e a nosa máis sincera noraboa a Roberto García, novo Secretario Xeral para o Deporte. Trátase dunha persoa de gran valía profesional e humana, cunha traxectoria recoñecida e un compromiso firme co deporte como ferramenta de progreso social. Desde a Federación Ciclismo Galego ofrecemos toda a nosa colaboración para seguir avanzando xuntos nunha Galicia máis activa, máis saudable e máis ciclista.

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es