Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Xornada formativa FCG para árbitros

08 DE ABRIL DE 2022

Curso de CRONOFEC avanzado e de control de carreiras mediante transponders o 15 de abril no Hotel Avenida

Xornada-formativa-FCG-para-arbitros-

A Federación Ciclismo Galego programou unha intensa axenda formativa para a Semana Santa e unha das xornadas está dirixida aos árbitros. O venres 15 de abril, a partir das 10:00 horas, o salón de actos do Hotel Avenida de Pontevedra acollerá un curso de actualización e aplicación das novas tecnoloxías. Esta activididade dividirase en dúas sesións e tamén responde ao formato de convivencia.

O requisito para participar é ter a licenza de árbitro en vigor e a inscrición é gratuita. Os asistentes recibirán un curso de nivel avanzado sobre o emprego do programa informático de xestión e cronometraxe de probas CRONOFEC. Encargarase de impartilo Rogelio Bautista.

A continuación, efectuarase unha práctica de control de carreiras mediante transponders, que correrá a cargo de Alberto del Río e Alberto Costa. A xornada pecharase cun xantar. 

GALERÍA DE FOTOS

Xornada formativa FCG para árbitros
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es