30 DE DICIEMBRE DE 2022
Existe un estamento case invisible, pero fundamental no ciclismo; un rol necesario, afastado dos focos, tan básico que sostén toda a estrutura e a mesma sería impensable sen a súa presenza e a súa acción: son os auxiliares.
Entre outras funcións, os auxiliares preparan o avituallamento que levará cada corredor na carreira, o que se repartirá durante a súa disputa e as neveiras cos bidóns que van en cada coche. Unha vez iniciada a competición colócanse en determinados puntos do percorrido para dar avituallamento a pé (bolsa con comida) aos ciclistas ou só bidóns e despois de cruzar a liña de meta resultan un apoio clave para o corredor. Coa súa función de masaxista/fisioterapeuta non só recuperan a musculatura cansada, tamén se encargan a través da charla e da comprensión de entender e animar ao ciclista.
Dirixido a todas as persoas que desexan vivir o ciclismo asumindo esta función, a Federación Ciclismo Galego organiza o sábado 7 de xaneiro na Casa do Deporte de Vigo o Curso de Auxiliar de Ciclismo. Esta oportunidade formativa presenta un intenso programa. A sesión matinal, de 10:00 horas a 14:00, estará dedicada á formación teórica e pola tarde, de 16:00 h. a 20:00, será a quenda dos exercicios prácticos.
O curso contará coa presenza de tres recoñecidos poñentes: Emilio de la Campa, auxiliar e fisioterapeuta do equipo profesional MMR Factory Racing Team, impartirá os contidos específicos de BTT; Héctor Angueira, auxiliar e masaxista do conxunto profesional de estrada Caja Rural Seguros RGA, encargarase da parte de Estrada; e José Antonio López 'Nervi', diplomado en NHyD pola universidade de Vic, máster en endocrinoloxía e nutrición, CEO de Manalab (centro de tecnificación en áreas da nutrición humana e dietética en alto rendemento deportivo) e nutricionista de varios ciclistas profesionais de primeiro nivel, impartirá a charla A revolución da nutrición no deporte de resistencia.
As alumnas e os alumnos que superen o curso entrarán nunha bolsa de traballo da FCG para as actividades que a federación autonómica realizará ao longo do 2023 e que tamén estará dispoñible para os clubs e equipos que o soliciten.
O prazo para apuntarse está entrando na súa recta final e conclúe o 4 de xaneiro. O prezo da inscrición é de 80 euros para Federados e de 95 euros para Non Federados. Fai click nesta ligazón para anotarte.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es