10 DE ENERO DE 2023
O ano 2023 comezou no apartado formativo para a Federación Ciclismo Galego co Curso de Auxiliar de Ciclismo impartido o pasado sábado, día 7 de xaneiro. Once alumnas e alumnos completaron con éxito esta actividade e, deste xeito, pasaron a formar parte dunha bolsa de traballo da FCG. A didáctica e amena xornada celebrada na Casa do Deporte de Vigo contou con tres poñentes con experiencia ao máis alto nivel.
Emilio de la Campa, de Fisioterapia Sin Cuentos e durante os últimos anos auxiliar e fisioterapeuta do equipo profesional MMR Factory Racing Team de BTT; Héctor Angueira, auxiliar e masaxista do conxunto profesional de estrada Caja Rural Seguros RGA; e José Antonio López 'Nervi', CEO de Manalab (centro de tecnificación en áreas da nutrición humana e dietética en alto rendemento deportivo) e nutricionista de varios ciclistas profesionais; encargáronse de compartir os seus coñecementos. Os tres rememoraron os seus inicios na profesión, explicaron como é o día a día nun equipo de elite e compartiron anécdotas e trucos.
As enriquecedoras charlas matinais tiveron contunuidade pola tarde coa parte práctica. As e os aspirantes a auxiliares prepararon bidóns, neveiras, pasteliños... e incluso cociñaron un pastel de arroz. Un intenso programa de tarefas para adquirir os conceptos e as técnicas que empregan uns actores case invisibles, pero fundamentais no ciclismo.
A FCG agradece a disposición amosada polos poñentes e alumn@s que participaron nesta iniciativa e coa realización deste curso segue promovendo e formando os diferentes que compoñen o ciclismo galego. En decembro foi a quenda dos monitores das escolas e o vindeiro luns empezarán os Cursos Director Deportivo Nivel I e Nivel II.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es